martes, 8 de noviembre de 2011

Dos Romanos aos Suevos

A romanización de Galicia é un proceso polo que o pobo galaico, que habitaba os castros antes da chegada dos romanos, acaba asimilando a cultura romana (lingua, relixión e manifestacions artisticas) unha vez que se incorpora plenamente ao Imperio.
O proceso de romanización comeza no momento que os romanos entran en contacto co pobo galaico.





Dion Casio, falanos da expedicion de Cesar segundo as fontes clasicas: 
"Desde ali Cesar navegando ao longo da costa, cara a Brigantio, cidade da Gallaecia, atemorizounos e someteunos polo ruxido da navegacion, xa que endexamais viran unha escuadra".

A expedicion de Cesar nos anos 61 e 60 a.C, a que fai referencia Dion Casio, foi a terceira das expedicions romanas sobre o territorio galaico; a primeira fora a que dirixira Brutus o Galaico no 137 a.C. e a segunda, a que dirixiu Publio Craso entre os anos 96 e 94 a.C. A expedicion de Cesar, que "navegando ao longo da costa chegou a Brigantio" -a actual Coruña-, puxo fin ao proceso de conquista e inaugurou de pleno o proceso de romanizacion.

Silio Italico, (s. III, 344-543) deixou constancia sobre as costumes dos galaicos: "Este descanso e este divertimento son un sacro pracer para os homes. A laboriosidade da muller fai o resto: bota semente no rego e ara a terra co arado, estando inactivos os homes. Todo o que haxa que facer, non sendo a dura guerra, afrontao a muller do home Galaico sen parar".

Os romanos atoparon no NO peninsular un pobo que posuia unha organizacion social propia, a que alude Silio Italico, asi como unha cultura e unha lingua propias, posiblemente pertencente a familia de linguas celtas. Ese pobo vivira ao longo dos seculos como unha sociedade estructurada en clases asentada sobre o matriarcado.
"Os romanos atoparon en Galicia unha terra rica en recursos naturais: "Gallaecia e unha rexion riquisima en cobre e chumbo, ademais de minio, que mesmo lle deu nome a un rio. Tamen foi rica en ouro e prata, ata tal punto que mesmo co arado frecuentemente sacan anacos de ouro". Xustino.




Dende o xacemento das Médulas obtiñase 1/4 de todo o ouro do Imperio.

Os romanos chegaron a Galicia atraidos, principalmente, polas suas riquezas minerais, como di Xustino. Os romanos desenvolveron no territorio galaico a estratexia precisa para alcanzar os seus obxetivos: obter os recursos mineiros tan abundantes en Galicia e manter a paz interna para garantir o control deses recursos e recrutar soldados para o exercito.

A romanizacion en Galicia, alen de na integracion nas estructuras administrativas imperiais, na incorporacion as rutas comerciais, no uso do dereito romano, e na fundacion de vilas e cidades*(foto), como a de Lucus Augusti, manifestouse nos seguintes aspectos:
1.- A difusion do latin. A lingua que falamos na actualidade e herdeira do latin e non da lingua prerromana, que conservamos como substrato.
2.- Na asimilacion relixiosa. O culto a Xupiter, a principal divinidade romana, (e tamen aos lares e as ninfas) espallouse entre a poblacion galaica, como proban as numerosas aras e estelas atopadas, ainda que os romanos permitiron o culto as divinidades indixenas, como Cosus e Bandua, das que tamen se encontran aras, o que demostra que a tradicion artistica local reinterpretou as manifestacions artisticas romanas.


*(foto)


Asi pois, o arraigamento da relixion cristia e a promocion de certos persoeiros da aristocracia galaica en Roma, son unha mostra da fonda romanizacion de Galicia no seculo IV.

Proba desa romanizacion e o feito de que os suevos, que se asentan en Galicia no seculo V como consecuencia dun pacto cos romanos, atopan un territorio completamente romanizado, no que a poboacion asimilara completamente a lingua latina e a relixion romana.

2 comentarios:

  1. Eu penso que a invasión romana foi pacífica e ó fin e ó cabo asimilamos tanto a lingua coma a relixión, as estruturas administrativas e as grandes construcións; pero os romanos tamén tiñan moi claro o que buscaban (o ouro) como di o texto, e 1/4 de todo o ouro do Imperio (que non era precisamente pequeno) estaba nas médulas (territorio galaico). Polo tanto, os romanos non só eran uns enormes inxenieiros na súa época, senón que tamén tiñan ben claro o seu papel no mundo no "colosal" de todo o que creaban, facendo ver a todo o mundo a súa grandeza.

    ResponderEliminar
  2. Eu creo que a chegagada de os romanos ás nosas terras foi unha das mellores cousas que nos puideron pasar, nos quitaron o ouro, pero a cambio nos deron moitas comodidades, seguridade, en definitiva, un mellor modo de vida.

    ResponderEliminar