Rosalía de Castro... En fin, o nome fala por sí só. Todos sabemos que xunto con Curros e Pondal é unha das figuras clave do Rexurdimento galego e da historia da literatura galega, así que non penso falar da súa obra, nin engrandecela con epítetos baileiros... Se imos empregar unha palabra mellor facelo por algo e non só por que quede ben ou poida parecer que queda ben, non sei se me explico...
Esta muller que todos cremos coñecer era, en realidade, unha escritora. Sí, unha escritora! Pero sabemos de verdade qué comporta iso? O mortal común do século XXI soe decantarse por dúas opcións. A primeira é que ser escritor ou escritora é cousa de xente que se aburre moito, que non ten outra cousa que facer que porse a contar historias para, se é posible, sacar tallada. A segunda postura coloca á figura do escritor nun nivel superior ó puramente humano; o idealiza e soña cun alter ego bohemio, alonxado da realidade, sensible como os deidificados autores dos centenares de libros que ocupan as estanterías da súa biblioteca. Mais, volvendo a Rosalía, quén era esta autora? Qué lle pasaba? Aburríase moito ou era superior a nós? Agarda un intre... E se fora alguén igual ca nós? Alguén sen total liberdade de expresión pero con liberdade de pensamento... Entón debo correxirme. Quixen dicir alguén potencialmente igual ca nós, pois a esclavitude mental dorme profundamente na alcoba da maioría das mentes do home contemporáneo.