martes, 20 de marzo de 2012

Carta dende Arxentina.

A miña terra, a miña casa onde me criei…botareivos de menos, sempre permanecerán no meu recordo as comidas todos xuntos os domingos.. Esas tardes de praia tirados na area observando as ondas do mar, mentres a nosa mente andaba sobre esas ondas imaxinando un futuro, sen preocupacións, coas persoas que queremos e o mais importante, felices. Agora estou subido a un barco en dirección Arxentina e tamén observo ás ondas, pero imaxinando un futuro con medo,con medo de saber o que me espera nunha terra que non é a miña, con dor de abandonar a que é miña, e con máis dor aínda todas as persoas importantes que deixo atrás e que tanto quero. Pero teño que empezar unha nova vida, e plantale cara ao futuro e ao medo incerto que levo dentro de min, polo ben do futuro da miña familia. Voume deixando a metade do meu corazón na miña terra, en todos eses recordos de cando era pequeño, no gran amor pola miña muller e sobretodo ese amor diferente e máxico que todos os país temos sobre os nosos fillos. Nunca olvidarei ese polvo a feira os martes que íamos a collera ao mar tempraniño e esas empanadas os sábados de atún que cando entraba na cociña olía a ese olor particular e familiar ao mesmo tempo. Botarei de menos ata a choiva, e esas mañás nas que te desperta golpeando a fiestra como se querese dicir que xa esta aquí. Todos os bailes que bailamos e todos osque quedáronme por bailar por culpa da miña vergoña, ao ritmo da pandereita e a gaita como se fose o último que íamos facer. Nunca esquecerei ese olor a herba mollada, e ese cor verde diferente ao do resto, de esos que aínda que mezcles moitos colores nunca che quedará igual que a cor que ves, porque non sirve de nada describir a fermosura da miña terra, para iso fai falta que esteas e a observes, e se te quede esa cara de parvo ao ver eses maxestuosos e xigantes acantilados da costa da norte, tesque ir e ver, escoitar e sentir, pechar os ollos e deixarte levar pola maxia da miña terra, a que eu sempre recordarei con nostalxia e con unha sonrisa de orella a orella por todos os momentos pasados, porque todos os momentos que teño dela son felices. Fillo, se algún dñia les esto, sento moito non poder estar alí véndote crecer e dándote consellos,pero quero que non esquezas que sempre estarei contigo a pesar da distancia, faille caso a mamá que aunque as veces te riñas o fara polo teu ben, e dile que a quero moito… xa estamos chegando ao porto, o mellor será que che deixe, cando teña tempo volvereiche a escribir outra carta, espero que as recibas todas. Recorda unha cousa sempre, sé feliz, vive a vida intensamente,enamórate, sonríe todos os días dez veces mínimo, cómeche o mundo, comparte e se humilde, non olvides de dónde ves.. disfruta en todo momento. Bicos!
Te quere,
teu pai.

4 comentarios:

  1. Qué bonito...
    recórdame moito a un poema, agora mesmo non me acordo de quén..
    Pero o rollo é que está un neno esperando a volta do seu pai de Arxentina.. Podería non volver, e ve ós que sí que volven, pero cando se lle aparece o seu pai non o recoñece! está irreconocible polo desgraciado e acabado que se encontra despois de emigrar e fracasar!! moi triste, verdad?

    ResponderEliminar
  2. a verdade que e que todo isto recordame a pose cando explicou o da imigración e ven a dicir o mismo que dicia pose.A emigración tivo que ser moi dura para as familias e para todos....

    ResponderEliminar