sábado, 5 de noviembre de 2011

Recunchos de Pontedeume



Boas noites!
Case pasando xa este curto fin de semán, ocorréuseme ilustrar un pouquiño o meu blog cunhas fotos que encontrei xustamente hoxe, de fai 3 anos, nas que pódese apreciar o meu pobo (Pontedeume) e as Fragas do Eume, marabilloso lugar que da título a este blog :)
Non vou a atribuírme o mérito que debe de levar a fotógrafo, un amigo asturiano do meu pai que, como todo visitante de este pobo debería facer cada vez que ven, vai de ruta pola vila e polas fragas, ata chegar ó Mosteiro de Caaveiro.



Nestas fotos vemos a beleza da paisaxe exsitente neste Parque Natural, como a singular variedade de especies que o compoñen.
Esta foto está tomada subindo polo camiño que hai cara o Mosteiro.



Nesta vemos a gran espesura e frondosidade do bosque.
Polo medio desas dúas montañas vai, abríndose camiño e cada vez con menos caudal, o río Eume, que nace na Serra do Xistral e desemboca na marabillosa Ría de Pontedeume, chamada Ría de Ares e que abarca ata a Ría de Ferrol. Persoalmente, esta é unha das vistas que máis me chaman a atención. A simple vista, pola súa gran orixinalidade pero, para expresar o outro ao que me refiero creo que deberíades visitalo, xa que só se sinte se estás de corpo presente. É todo. É o conxunto. O ambiente: respirar ese aire cheo de pureza que inunda as fragas, disfrutar de toda a natureza que as compoñen, tanto o relevo coma a flora e a fauna.

Aquí está o Mosteiro, máis concretamente o Mosteiro de San Xoán de Caaveiro; escondido no corazón das Fragas do Eume.
A súa restauración levouse a cabo por máis dunha década, invertindo a Deputación máis de 2.3 millóns de euros nel. Foi convertido nun monumento histórico-artístico en 1975.
O singular bosque das fragas do Eume tamén é singular por ser autóctono.

Por este sendeiro podes ir tanto de pé coma en coche, pola ladeira este da montaña.

Este é un dos lugares ós que hai que acudir dúas veces ó ano, polo cambio cromático da súa espectacular vexetación.






Baixando polo río Eume ata a súa desembocadura na ría de Ares, nos encontramos cunha gran ponte de pedra, que é a principal vía de entrada para Pontedeume. Tamén hai unha ponte de ferrol, pero por alí "suponse" que só ten que pasar o tren cos seus pasaxeiros; aínda que non sempre se cumpra esto.
A historia cóntanos que esta ponte foi primeiramente feita de madeira, remontándonos á época Medieval. Formaban esta ponte 78 arcos en primeiro momento. A ponte que hoxe en día coñecemos (a que observas na fotografía) consta só de 15 e é a misma que se rematou de constuir en 1889.





Nesta foto, calquera persoa pode observar a parte de enriba da Torre que preside o meu pobo, o Torreón dos Andrade; pero eu tamén apreciaría o que ven os meus ollos todos os días, e ao seu lado a casa de miña avoa.


4 comentarios:

  1. hai varias faltas de ortografía que non podo correxir ó non ter acceso a editar a entrada, excusas.

    ResponderEliminar
  2. Elda, podes editala. en editar entrada...

    ResponderEliminar
  3. este traballo esta moi currado, para o meu punto de vista esta moi ben sobre todo a imaxes son moi bonitas.

    ResponderEliminar