lunes, 7 de noviembre de 2011

Misterios en pedra

Xa falamos en clase sobre o misterio da "Pedra Furada" en Cambre, como os restos dun tempo arcano onde os homes miraban ao sol e a natureza era a deusa nai.  Mirade qué video tan suxerente, onde se ve claramente cómo a luz solar modifica completamente a nosa percepción da realidade. As 12 da mañán exactamente, a figura adequire a sua máxima potencia.  Cómo o vedes?

5 comentarios:

  1. Nas dúas fotos que nos ensinaches apreciábase ben pero non é comparable a este vídeo!! A mín sinxelamente paréceme increíble!
    Sempre me pregunto unha cousa cando vexo as cousas que facían os nosos antepasados: Nós obviamente vivimos unha época completamente diferente á súa pero, parece que cantos máis avances científicos, técnicos e tecnolóxicos temos a man máis se nos olvida usar a cabeza!! Iremos diminuíndo a medida que pasan os anos?? Porque eu nunca pensaría nada polo estilo!! Aquí deixo a miña pregunta xD

    ResponderEliminar
  2. Alucinante como aparece e volve a desaparecer.

    ResponderEliminar
  3. isto é...totalmente incríble! aínda que non o terminarei de crer de todo ata que vaia alí e o vexa cos meus propios ollos..
    como farian os nosos antepasados para conseguir un efecto coma este? pareceme totalmente imposible..!

    ResponderEliminar
  4. Opino o mesmo que Elda, ademais creo que o que fai falla neste mundo de hoxe en dia son mais pensadores e xente que cree estas cousas que agora non se fan... agora vemos "Salvame" en fin...

    ResponderEliminar