martes, 8 de noviembre de 2011

Descuberta dunha nova "pedra do sol" e novo post para Elda

A carón da "deusa" moura que vimos o outro día apareceu outra figura humana na pedra. Neste caso "emerxe" a outra hora diferente: cara o solpor. Sorprendente non?


Asemade o arqueólogo e descubridor deste estraordinario xacemento, Antón Malde, tamén escribe a Elda:
Ola Elda
A importancia da luz solar, o seu efeito na visibilidade das figuras da Pena Furada é algo mais que chulo. É moi fermoso observar in situ ese xogo luces que fan emerxer figuras que senon pasan…desapercebidas. Mas tamén indica que pode existir unha relación simbólica entre as figuras (sexa o que for representado) e a posición do sol.
É dificil substraerse á emoción da observación estes efeitos, mais resultan coerentes cun xacimento complexo, conformado por unha serie de actuacións construtivas proxectadas e ordenadas con antecedencia. Non hai lugar ao chou.
Na Pena Furada sabíamos que as orientacións eran moi importantes: ordenan elementos construtivos e tamén as figuras. Mais tamén relacionan as figuras coa luz que suxiren novos significados.
Cando se fala con asombro dos «antepasados» (do outren do tempo evolutivo) sempre lembro que a intelixencia é universal, alén tecnoloxías… Igual que esta constación foi froito da intelixencia colectiva: da percepción de Manolo Gago, das fotos de Sole, e do traballo posterior de Elisa mais eu. Unha grande satisfacción como director.
Imaxe aérea de todo o xacemento

4 comentarios:

  1. A pesar da explicación segue sendo fascinante.

    ResponderEliminar
  2. este vidio esta moito mellor o explica mellor a verdade e que esta moi ben.

    ResponderEliminar
  3. Tanto esta como a anterior non deixan de ser abraiantes

    ResponderEliminar
  4. Ola!!!
    En primeiro lugar quería pedir disculpas pois non puiden contestar antes xa que non me fuinciona internet na casa!!
    En segundo lugar agradecerlle a Antón Malde que gastara o seu tempo en contestarme ó post para aclarar esa preguntiña que ocorréuseme cando comentei...
    Tamén quero dicir que me parece moi interesante a idea de enfocar a historia dende outro punto de vista diferente, non o que sempre nos levan ensinando e que ó final acabamos por aborrecer!
    Sendo honesta, descubrín moitas cousas novas con este novo método e máis rápidamente do que puidera facer da maneira tradicional.
    Pois eso, en resumen, que moitas grazas e intentarei seguir indo a máis por estes lares!!!!

    ResponderEliminar