domingo, 20 de mayo de 2012

Vouvos contar unha historia...


 
É a mellor das avoas. Chámase María, ou Maruja e ten hoxe 69 anos. A súa historia é moi especial, contábama de nena, as veces que eu quedaba a dormir na súa casa.
Naceu en Labrada, unha pequeña aldea pertencente a Guitiriz, Lugo. Vivía cos seus país, o seu avó, e a súa xoven madriña.
A vida era pobre, mais diferente e entretida aínda que moito máis dura. No día a día, na mesa so se topaba pan, caldo e a leite da súa vaca, e moi ás veces, algún ovo.
Era unha nena alegre, contaba con monecas para xogar. Diferentes as nosas, claro, estaban feitas de espigas de maíz e vestidas con restos de trapiños que lle collía a miña bis avoa.
Tivo a sorte de poder ir a escola aos sete anos. Era unha aventura chegar ate alí todos os días, incluso a cabalo do seu pai, se trala choiva tiñan que evitar mollarse.
Arredor de cumplir os trece anos, e tras saberse a tabla de multiplicar mellor que calquera de nos, xa tiña edad para traballar. Collía un pao, e a vaca, e coidaba dela polo día mentres pastaba.
Gustábanlle moito as festas, e ela e as súas veciñas, poñían as zocas ae chegar ao campo da festa, e alí as cambiaban polos seus zapatos. Pero non é a primeira vez que se quedaban sen festa, xa que a Garda Civil, chegaba á celebración e mandaba parar á orquesta.
Cos seus dazasete anos, chegou o seu primer traballo. Traballaba para unha costureira á que apodaban ‘’a ama’’. Ían de casa en casa cosendo. Percorrían quilómetros e quilómetros coas máquinas na cabeza e pasaban ate oito días fora da casa durmindo nas casas onde cosían; madrugando se a ama madrugaba e servíndose pouca comida se ela o facía, aínda que morreran de fame.
Máis tarde veu a Ferrol, a casa da súa madriña, en Catabois. Axudábaa coa terra, coidando aos porcos, e coas tarefas da casa. Estivo tres meses aquí nunha escola de corte e confección. Coñeceu ao meu avó.
Gustáballe a aldea, pero desde que coñeceu ao meu avó, leváballe a vida quedarse en Ferrol para sempre. Fixo o que puido, e ía a viña da súa casa, a casa da súa madriña.
Ten dúas anécdotas que nunca se cansa de contar. Mentres era moza do meu avó, pero non vivía en Ferrol, a súa maneira para verse era nas festas ou feiras. Unha das veces, quedaron na Feira de Parga. O meu avó collía un autobús dende Ferrol, ela dende a súa casa tiña que percorrer un longo camino ata coller o bus, coa mala sorte de que o perderon. Un veciño que se dedicaba a facer viaxes das aldeas á feira, como se fose un taxi de hoxe, se ofreceo a levala; a ela, o seu tío e o seu primo, xa que non ía solo a ningures. Mais mentres que a eles lles pasaba todos iso, meu avó chegou a Parga, e ao non vela, segui no bus ate Guitiriz. Miña avoa chegou tarde, comeron os tres sós o xantar que traía ela nunha cestiña, e á tarde, foron para Guitiriz. Xa na tarde noite, atopáronse, e compartiron un pequeño tempo no coche de liña, de Guitiriz a Labrada, a miña avoa quedou, e o meu avó segui ata Ferrol.
A outra anécdota, ten que ver co patrón da aldea, que aínda hoxe vamos todos a celebrar. A xente, para vixar á aldea, apuntábese nuns coches que os levaban ata aló. A madriña da miña avoa, collía o se una Praza de España, para ir ao patrón. Alí, veu ao meu avó rondando arredor dos coches, e ofreceuse a levalo na súa viaxe. Miña avoa levou unha sorpresa, podía estar na festa con el e ao rematar el volvería a Ferrol cos da orquesta. Pero  verdadeira sorpresa levouna el cando soupo que a orquesta tardaba en volver outro día máis. Era impensable levar o mozo á casa, e o pobre do meu avó durmiu nnha palleira e aseouse nun río. Iso si era amor!
Despois de tres anos moceando, casaron. Na casa onde vivo eu hoxe (aínda que reconstruída) vivían os meus avós, cos país do meu avó.
Miña avoa traballou todo o que puido, por mellorar a súa vida. As cousas en Ferrol eran un pouco mellores. Coidar da terra xa non era o seu medio de vida, ao nacer o meu pai puxo un posto de frutas na praza. E sete anos despois, ao nacer a miña tía, puxo un quiosco que durou ate hai doce anos.
Seguimos a ter unha horta e galiñas. Pero me avó navega por internet mellor que eu. E para min, as palabras deles, son a mello rollada ao pasado que poido ter. E isto e só un resumo…

2 comentarios: