NÓS somos un grupo de xovesd loitando por todas as inxustizas
daquesta xeración onde nos toca vivir. Non queremos vivir con medo do que poida
pasar nun futuro, queremos un galego libre de opresión, non pedimos que este
este por encima do castelán, se non que teña os mesmos dereitos.
Queremos a normalización da nosa lingua, do nosos ser, da nosa
natureza e da nosa liberdade, porque non é so unha lingua, se non unha forma de
vida, a nosa forma de vida, e nos non podemos actuar encontra dela, é algo propio
do noso ser, sería actúar encontra de nós mesmos.
Xamás sentirás o que é a morriña se non sabes como somos os
galegos nin a cultura que nos identifica. Por iso debemos de coidar todo o que
temos, empezando polo noso idioma e rematando polo polbo á mugardesa!
Os máis novos hai que empregar o noso idioma para falar con
eles, de maneira que asi de xeración en xeración nunca perderase o noso método.
Hai que conytinuar coas tradicións de sempre, coma as comidas en casa de avoa
os domingos, o polbo os sábados, as empanadas, a choiva durantes días
prolongados e o olor cando para a campo mollado, as pradeiras verdes e as
árbores castiñeiras en outono, as alfombras de flores,os consellos dos bós
amigos, os “vais caer” e os “malo será”, as fogueiras en San Xoán… e moito máis
que compartimos unha serie de persoas, polo cal imos loitar por unha igualdade.
Iso é Alba!!
ResponderEliminar