Hoxe vou falar dun monumento que estivo aquí en Ferrol durante moitos anos e que despois de outros tantos se consegui que se quitara. Trátase da cruz dos caídos, un monumento franquista recordatorio dos vencedores na Guerra Civil, do mesmo modo que se levantou o Valle dos Caídos en Madrid (1940-1958)en San Lorenzo do Escorial.
Esta Cruz foi inaugurado en xullo de 1940 e está situada na praza de Amboage , plaza cercana á súa residencia natal situada na rúa María
.
Praza.
Casa de Franco.
Por fin, o 8 de xullo de 2010, 70 anos despois, 5 operarios procederon a derrubala e colocar no seu lugar ,xunto con outras reformas da praza , unha rampa.
Non é este símbolo franquista o único que se eliminou nesta a nosa cidade , soamente fai falla recordar a estatua de Franco a cabalo que centralizaba a praza de España que seraba unha rotonda nesta avenida.
Este retrato ecuestre do dictador foi levantado o ano 1967 e foi fundida nos fornos de Bazán e os promotores do tributo á figura do xeneralísimo foron os responsables do Casino Ferrolano.
Esta estatua tiña máis de 6 metros de altura , pero a súa estancia nesta praza ferrolana rematou 35 anos despois tras ter estado no punto de mira de distintos colectivos políticos e sociais.
En 2002 foi retirada da praza e finalmente se decidiu levala ao museo naval de Ferrol.
Ademáis destes dous monumentos , en 1979 tralas primeiras eleccións locales democráticas, a coalición de socialistas e comunistas que gobernó en aquela época se apresuró a reformar o mapa de rúas para substituír nomes como a avenida do xeralísimo (actual estrada de Castela), Xeneral Aranda (Sol) ou Xosé Antonio Girón de Velasco (Carballo Calero). Sen embargo, a cidade aínda conserva vestixios dadictadura que terán que desaparecer tal e como obriga a aplicación da Ley de Memoria Histórica.
Cómpre coñecer a historia do teu país e sobre todo a da túa cidade aínda que hai cousas das que é mellor non acordarse.
Tes razón Tivi hai cousas que pertencen a un desastroso pasado de ditadura que é mellor non darlles importancia e esquecelo
ResponderEliminareu creo que non, que sí que hai que recordalas, porque se as olvidamos sería como que non pasaron, e a realidade é outra!
ResponderEliminaré mellor telas na memoria para que esas cousas atroces non se volvan a repetir
Como diría Chelo, somos o que somos polo perso do pasado...!
ResponderEliminarQue boas cousas temos en Ferrol
ResponderEliminar