É a mellor das avoas. Chámase María, ou
Maruja e ten hoxe 69 anos. A súa historia é moi especial, contábama de nena, as
veces que eu quedaba a dormir na súa casa.
Naceu en Labrada, unha pequeña aldea
pertencente a Guitiriz, Lugo. Vivía cos seus país, o seu avó, e a súa xoven
madriña.
A vida era pobre, mais diferente e
entretida aínda que moito máis dura. No día a día, na mesa so se topaba pan,
caldo e a leite da súa vaca, e moi ás veces, algún ovo.
Era unha nena alegre, contaba con monecas
para xogar. Diferentes as nosas, claro, estaban feitas de espigas de maíz e
vestidas con restos de trapiños que lle collía a miña bis avoa.
Tivo a sorte de poder ir a escola aos sete
anos. Era unha aventura chegar ate alí todos os días, incluso a cabalo do seu
pai, se trala choiva tiñan que evitar mollarse.
Arredor de cumplir os trece anos, e tras
saberse a tabla de multiplicar mellor que calquera de nos, xa tiña edad para
traballar. Collía un pao, e a vaca, e coidaba dela polo día mentres pastaba.
Gustábanlle moito as festas, e ela e as
súas veciñas, poñían as zocas ae chegar ao campo da festa, e alí as cambiaban
polos seus zapatos. Pero non é a primeira vez que se quedaban sen festa, xa que
a Garda Civil, chegaba á celebración e mandaba parar á orquesta.
Cos seus dazasete anos, chegou o seu primer
traballo. Traballaba para unha costureira á que apodaban ‘’a ama’’. Ían de casa
en casa cosendo. Percorrían quilómetros e quilómetros coas máquinas na cabeza e
pasaban ate oito días fora da casa durmindo nas casas onde cosían; madrugando
se a ama madrugaba e servíndose pouca comida se ela o facía, aínda que morreran
de fame.
Máis tarde veu a Ferrol, a casa da súa
madriña, en Catabois. Axudábaa coa terra, coidando aos porcos, e coas tarefas
da casa. Estivo tres meses aquí nunha escola de corte e confección. Coñeceu ao
meu avó.
Gustáballe a aldea, pero desde que coñeceu
ao meu avó, leváballe a vida quedarse en Ferrol para sempre. Fixo o que puido,
e ía a viña da súa casa, a casa da súa madriña.
Ten dúas anécdotas que nunca se cansa de
contar. Mentres era moza do meu avó, pero non vivía en Ferrol, a súa maneira
para verse era nas festas ou feiras. Unha das veces, quedaron na Feira de Parga.
O meu avó collía un autobús dende Ferrol, ela dende a súa casa tiña que
percorrer un longo camino ata coller o bus, coa mala sorte de que o perderon. Un
veciño que se dedicaba a facer viaxes das aldeas á feira, como se fose un taxi
de hoxe, se ofreceo a levala; a ela, o seu tío e o seu primo, xa que non ía
solo a ningures. Mais mentres que a eles lles pasaba todos iso, meu avó chegou
a Parga, e ao non vela, segui no bus ate Guitiriz. Miña avoa chegou tarde,
comeron os tres sós o xantar que traía ela nunha cestiña, e á tarde, foron para
Guitiriz. Xa na tarde noite, atopáronse, e compartiron un pequeño tempo no
coche de liña, de Guitiriz a Labrada, a miña avoa quedou, e o meu avó segui ata
Ferrol.
A outra anécdota, ten que ver co patrón da
aldea, que aínda hoxe vamos todos a celebrar. A xente, para vixar á aldea,
apuntábese nuns coches que os levaban ata aló. A madriña da miña avoa, collía o
se una Praza de España, para ir ao patrón. Alí, veu ao meu avó rondando arredor
dos coches, e ofreceuse a levalo na súa viaxe. Miña avoa levou unha sorpresa,
podía estar na festa con el e ao rematar el volvería a Ferrol cos da orquesta.
Pero verdadeira sorpresa levouna el
cando soupo que a orquesta tardaba en volver outro día máis. Era impensable
levar o mozo á casa, e o pobre do meu avó durmiu nnha palleira e aseouse nun
río. Iso si era amor!
Despois de tres anos moceando, casaron. Na casa
onde vivo eu hoxe (aínda que reconstruída) vivían os meus avós, cos país do meu
avó.
Miña avoa traballou todo o que puido, por
mellorar a súa vida. As cousas en Ferrol eran un pouco mellores. Coidar da
terra xa non era o seu medio de vida, ao nacer o meu pai puxo un posto de
frutas na praza. E sete anos despois, ao nacer a miña tía, puxo un quiosco que
durou ate hai doce anos.
Seguimos a ter unha horta e galiñas. Pero
me avó navega por internet mellor que eu. E para min, as palabras deles, son a mello
rollada ao pasado que poido ter. E isto e só un resumo…
incrible!
ResponderEliminarEu tamén quero unha avoa así:)
ResponderEliminar