viernes, 28 de octubre de 2011

Vivamos como galegos?

Fai unha semana, Gadis estreou un novo spot da súa famosa campaña publicitaria "Vivamos como galegos" para conmemorar o éxito do primeiro spot hai cinco anos.  
Vos cómo o vedes?. Verdadeiramente os galegos temos tanta persoalidade?. Somos tan diferentes os galegos?. Temos sinais de identidade que nos caracterizan como pobo? Qué opinades do spot?..
Agardo os vosos comentarios para un debate con participación masiva.

7 comentarios:

  1. Gostabame moito máis o anterior pero tan pouco esta mal.

    ResponderEliminar
  2. Se puxeran a canción que aparece na metade do spot no final ata un vasco podería sentirse galego.

    ResponderEliminar
  3. Boeno, pero hai que ir ao grano, Ser galego implica ser dalgún xeito?. Qué cousas caracterizan e diferencian aos galegos do resto dos seres humanos?..ou non hai?..No spot sinalanse algunhas actitudes e características que definen aos galegos... Vós sentidevos identificados no anuncio?=

    ResponderEliminar
  4. Eu creo que hai cousas coas que nos identificamos pero mais ben e polas tradicions...
    Non creo que sexamos tan diferentes

    ResponderEliminar
  5. Eu non me sinto moi identificado porque esas actitudes que aparecen no spot non me tocan de maneira moi directa. Ao fin e ao cabo, a pesar das raíces da aldea, nacín noutra "cultura" máis castelá.

    ResponderEliminar
  6. Eu sí que me sento identificada co anuncio! Sobre todo coas cousas que dicimos tipo "bueno hombre bueno" ou "bueno carallo bueno" ou outra que engado eu coma a de "marcho, que teño que marchar".
    Tamén, todos estivemos lonxe da nosa terra e sentimos eso que nós chamamos morriña, ou non?¿?
    O anuncio tamén xeneraliza porque non todos somos galegos que se pelean por invitar, hai tamén cutres... Ou tamén hai de quen non aprecia nacer e vivir onde estamos, coas nosas praias,bosques e fragas únicos e son galegos; pero se non son capaces de aprecialos é que non son bos galegos!!!
    Dende o meu punto de vista ser galego non é que implique ser dunha maneira ou doutra, pero temos moitas cousas en común como as que aparecen alí.

    ResponderEliminar
  7. O que di o anuncio é moi relativo.. hay moitos galegos que son parcialmente asi, pero hay moitos máis que non teñen nada que ver!
    Iso non depende de ser ou non ser galego, depende de como esteas educado e de en que circunstancias vivas..

    ResponderEliminar