jueves, 27 de octubre de 2011

Somos mais vellos !

Xa contamos que o chan de Galicia é moi ácedo, polo que non apareceron, polo de agora, restos óseos dos primeiros homes que puideron chegar ao Noroeste da Peninsula Ibérica hai case un millón de anos. Tan só o 0'5 % do territorio galego é calcáreo, por iso nas montañas de Lugo e Ourense agroman de cando en vez restos dos nosos antepasados contemporáneos de Altamira ou Lascaux (non perdas ista incrible ligazón). Recentemente apareceron na Cova de Eirós (Triacastela, Lugo) os restos mais antigos dos que temos novas, e hai especialistas que afirman que nas beiras do rio Miño vivían homes hai mais de 300 000 AC.
Homes do paleolítico ás beiras do rio Miño

No veran do 2011 unha incrible excavación en Arbo (Pontevedra) permitiu abrir unha nova páxina no estudo do Paleolítico de Galicia coa aparición de mais de 5000 útiles de pedra que, segundo os arqueólogos, poden remontar os primeiros "galegos" ata os 500 000 anos AC.  Podes ver aquí cómo se construían estes primeiros artefactos construidos polo ser humano.


Todos estes descubrimentos están reescribindo pouco a pouco a historia do Paleolítico en Galicia. Os habitantes de Galicia somos mais vellos !

No hay comentarios:

Publicar un comentario