viernes, 1 de junio de 2012

país de farándula e pandereta

Con motivo do final deste último curso 2012 escribirei unhas pouquiñas palabras sobre a nova asignatura que imparte Manolo, Hª De Galiza, e sobre o que significou para mín.
A comezos de curso non tiñamos moi claro que ía ser de nós con esa nova optativa.
Manolo deixounos libertade para decidir como preferíamos que fose dada.
Así pois, dímonos de conta do cuadriculado dos nosos novos cerebros.
Algúns defendían que lles deran uns apuntes e que preferían o vello sistema de chapar ---> vomitar.
Outros decantáronse por "innovacións" no sistema de aprendizaxe; como ter dado un pouco de liberdade e que cada un se tomara a asignatura adecuándoa ás destrezas propias. É dicir, se a un se lle daba ben dibuxar, pois facer cómics ou ilustracións propias, se a outro parecíalle mellor escribir pois facendo relatos, se o seguinte afanaba facer reportaxes pois saíndo á rúa e facendo entrevistas; etc.
Desta maneira, cada un síntese máis seguro no campo que mellor se lle da ou que mellor controla, e pode coñecer diversas maneiras de asimilar os conceptos e diferentes formas de traballo; non cuadriculando o seu cerebro como se vén dando dende casi a escola infantil.

Persoalmente, sendo unha persoa bastante interesada na actualidade, este último curso aumentou en mín dalgunha maneira a faceta reivindicativa.
Este último ano dinme conta de que a historia non era como a viña dando dende facía máis de 10 anos. Non.
A historia non son os datos que algúns historiadores pretenden inculcarnos a través dos libros omitindo os que consideran oportunos.
Hai moita historia que todavía está sen revelar, e que non quere ser revelada. Hai moita historia detrás da historia.
O interesante é entender de qué maneira afectou a historia na nosa actualidade, no noso presente.
Meténdome un pouco na historia recente que nos inculcan este ano, a do XIX e a do XX; segundo o meu punto de vista e gracias ós novos coñecementos adquiridos, no século XXI vivimos a Segunda Restauración Borbónica, co que esto implica. É dicir, coas mesmas características que a anterior de finais do XIX: alternancia no poder dos dous partidos, o máis conservador (PP) e o ... "menos conservador" (PSOE), corrupción (máis da metade no escándalo político) e caciquismo; nun país cheo de duplicacións inútiles e organismos innecesarios do goberno; evasión de impostos, condonacións de deudas millonarias, sobornos e delitos que claman ó ceo. Sobre todo sabendo que eses cargos, sexan ricos empresarios ou para máis inri, políticos, queden impunes, sen un exemplar castigo da xustiza. Moito pedir para a mediocridade da política española.
Aquí vén a conto (e eu tiña ganas de falalo): Aleix Saló Braut, un interesante, intelixente e divertido catalán nacido en Ripollet que co seu cómic Españistán pretende facer chegar de maneira moi sinxela as causas do gran declive do noso país, e de todos os asuntos deplorables que rodean ós asoballados cidadáns.
Dalgunha maneira, de xeito humorístico fai unha crónica dende os últimos 10 anos, e será inevitable que non vos botedes unhas risas léndoo.
 Non puiden evitar que me recordara a tí (Manolo), un parágrafo do epílogo do libro no que expresa que vivimos "nunha sorte de neofeudalismo disfrazado de capitalismo meritocrático".
Realmente a xente ten conciencia de estar tan asoballada? A clase traballadora, ou, mellor é dicir, o 80% das persoas mileuristas españolas protestan pola súa precaria condición, pero, até qué punto saben de que maneira están sendo asoballadas?

Grazas por despertar en mín o interese do debate, da historia, e do coñecemento.
Grazas, Manolo, por ser un profesor tan de puta madre!!
Facían falta na ensinanza máis coma tí, e menos frustrados que por un motivo ou por outro, sen vocación, decidiron a docencia!


No hay comentarios:

Publicar un comentario