martes, 24 de abril de 2012

Lembrando a Rosalía, escritora, e á figura do pensador libre

Rosalía de Castro... En fin, o nome fala por sí só. Todos sabemos que xunto con Curros e Pondal é unha das figuras clave do Rexurdimento galego e da historia da literatura galega, así que non penso falar da súa obra, nin engrandecela con epítetos baileiros... Se imos empregar unha palabra mellor facelo por algo e non só por que quede ben ou poida parecer que queda ben, non sei se me explico...
Esta muller que todos cremos coñecer era, en realidade, unha escritora. Sí, unha escritora! Pero sabemos de verdade qué comporta iso? O mortal común do século XXI soe decantarse por dúas opcións. A primeira é que ser escritor ou escritora é cousa de xente que se aburre moito, que non ten outra cousa que facer que porse a contar historias para, se é posible, sacar tallada. A segunda postura coloca á figura do escritor nun nivel superior ó puramente humano; o idealiza e soña cun alter ego bohemio, alonxado da realidade, sensible como os deidificados autores dos centenares de libros que ocupan as estanterías da súa biblioteca. Mais, volvendo a Rosalía, quén era esta autora? Qué lle pasaba? Aburríase moito ou era superior a nós? Agarda un intre...  E se fora alguén igual ca nós? Alguén sen total liberdade de expresión pero con liberdade de pensamento... Entón debo correxirme. Quixen dicir alguén potencialmente igual ca nós, pois a esclavitude mental dorme profundamente na alcoba da maioría das mentes do home contemporáneo.

lunes, 23 de abril de 2012

Visión acerca da emigración.

Calculase que en todo o seculo XIX emigraron de Galicia unhas 900.000 persoas e o destino da maior parte destes emigrantes foi America. Hay que ter presente que o pobo emigra sempre porque hay fame de pan ou de liberdade, ou polas dos fames xuntas.

Ningun pais español sufriu tan intensamente como Galicia o que significou a perdida de Cuba. Ademais dos reveses economicos para moitas miles de familias, do innumerable numero de mortos e desaparecidos, Galicia tivo tamen que asistir aos actos mais tristes de aquel desastre. De Galicia saliu a escuadra ao mando de Cervera que levaba o cometido de auxiliar a illa de Cuba. E aos poucos meses Galicia tivo que recolles os despoxos daquela derrota. Entre 1897 e 1898 chegaron ao porto da Coruña 52 barcos co seu cargamento de dor e morte. En sus bodegas viñan 28.261 soldados e civis. Como escribiu o presidente da Cruz Roja en Galicia: "O espectaculo que ofrecian as bodegas, atestadas de feridos e enfermos, era tristisimo e desconsolador".

Concepción Arenal


Galicia, líder do sector termal español no século XIX

O 1826 é un ano clave para o termalismo español e, especialmente, o galego. Neste ano un colectivo médico distinguía oficialmente aqueles balnearios que tiñan unhas condicións sanitarias adecuadas. Sitúanse así un total de 30 balenarios avalados sanitariamente pola lei. Cinco deles eran galegos: Caldas de Cuntis, Caldelas de Tui, Cortegada e os dous de Caldas de Reis. O catedrático de Historia e Institucións Económicas da Universiade da Coruña, Luis Alonso Álvarez, recolle esta información no seu libro O lecer das augas. Historia dos balnearios de Galicia, 1700-1936. Luis Alonso contou coa colaboración de varios informadores e nas súas páxinas di que é case imposible dicir cal foi o primeiro balneario de Galicia. Di que moitos dos balnearios incorporados a oficialidade no 1826 existían xa dende a Idade Media, mais por estas datas nacen outros novos: Carballo, Arteixo e Verin.

Breogán coa torre de Hércules!





Seguro que moitas veces escoitastes falar de aquelo das sete nacións celtas. En principio a denominación servía para refirersi aos territorios cuxa lingua fose a orixen celta. O término "celta" no ámbito da linguística é problemático, pero agora pouco nos importa. Según este criterio, aas nacións celtas serían: Irlanda, Escocia, e isla de Man, Gales, Conualles e Breataña e a séptima sería Galiza.

O ferrocarril


Todavia manteño o recordo dese día que chegou o ferrocarril a Galicia, eu estaba na segunda parada esperando co meu pai, e non entendía nin o que era un ferrocarril xa que nunca vira ningún, non entendía a que viña que houbese tanta expectación,pero entendinno moi pronto.
Despois de estar tres horas esperando a que viñera, comecei a escoitar un ruído, ao principio asusteime, o meu pai miroume cun sonriso para que non me preocupase, nese momento comecei a ver unha estructura que se movia moi longa e grande, corría como nada que vise eu antes, viña de fentre cara nós. Era de cor negra e botaba unha serie de humo polo que parecía ser unha cheminea, o meu pai explicoume que se movía gracias ó vapor. Non me quero imaxinar  amiña cara, debía ter os ollos como se fosen platos e a boca ben aberta ante esa expléndida máquina.

O Pronunciamento de 1868

O PRONUNCIAMENTO DE FERROL:

O 18 de setembro de 1868 pronunciase en ferrol a escuadra de Cadiz poñendo fin a un rexime deteriorado dende hacia anos, acosado por todas partes, especialmente por aquelas clases sociais que tradicionalmente habian apoiado incondicionalmente ao trono.

Polo que respecta a Galicia hay noticias que indican que nesta ocasion foi Ferrol a primeira cidade galega que sumouse ao alzamento, o que se verificaria entre o 20 e o 22 de setembro. Durante os primeiros momentos coreabanse os nomes de Prim, Viva a liberdade e Viva a soberania nacional.




Nacemento das conserveiras


É de sobras sabido que Galicia foi dende sempre unha rexión de pesca, actualmente el 10,7% del PIB galego ven dado pola pesca. Hay que darse conta que en Galicia atópanse as principais empresas conserveiras de España como Pescanova o Calvo, pero... de donde ven esta tradición conserveira?.

Pois ben, as conserveiras galegas xurdiron xa no século XVII pero no séguinte aumentaron ata ó redor de 3000 persoas. A maior parte desta xente eran mulleres, que igual que no caso da Tabacaleira de A Coruña cobraban menos que os homes. Moitas destas mulleres compaxinaban o traballo na casa e na horta con este traballo "temporal", asi que se podería dicir que eran traballadoras fixas discontinuas.




C.E.FERREIRO


Seguindo o meu gusto particular, penso que non é de recibo falar do século XX en Galiza e non nomear a Celso Emilio Ferreiro.
Nacido en Celanova no lonxano 1912, tivo un papel esencial na reivindicación da esencia galega.
Na súa xuventude militou nas chamadas Mocidades Galeguistas de Celanova,  fundou a Unión do Pobo Galego xunto con outros intelectuais galegos do seu tempo. No ano 1977 foi candidato ó Senado polo Partido Socialista Galego.
É importante incurrir na súa relación coa música.
Grazas a el publicouse en Caracas o primeiro LP en galego, no que el mesmo participaba. 
"Un pobo non pode quedarse sen cancións, e coma se de sópeto, se quedara sen alma".

Velaquí vos queda unha interpretación musical da súa obra.



O Día Das Letras Galegas


Sabías cómo apareceu o chamado Día Das Letras Galegas?
É unha celebración instituída pola Real Academia Galega en 1963 coa finalidade de homenaxear ás persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego ou pola defensa da devandita lingua.
Esíxese polo menos dez anos dende o falecemento da persoa (o que me parece unha soberana tontería, xa de adicalo pois que o afortunado/a fora quen de disfrutalo).
A data, o17 de Maio, débese a que tal día como ese en 1863 publicouse en Vigo o primeiro exemplar de "Cantares Gallegos".
Este ano dedicarase a Valentín Paz Andrade, xurista, político galeguista a escritor en ambas linguas.
Déixovos aquí un poema do mesmo, titulado "Veño da morte":

As Irmandades da Fala


As Irmandades da Fala recolleron e actualizaron as aspiracións galeguistas nacidas no século XIX co Provincialismo e o Rexionalismo. A súa concepción política distínguese da dos dous movementos anteriores pola ampliación do seu espectro social e pola formulación de alternativas políticas concretas.
A primeira Irmandade foi fundada en Coruña en 1916. Un grupo de intelectuais galeguistas elixiron a Antón Vilar Ponte como conselleiro primeiro. Un dos principais alentadores do galeguismo de preguerra e un xornalista destacado ó que se lle adicou o día das Letras Galegas en 1977.
A ista Irmandade seguírona outras nas principais cidades e vilas galegas, coma Santiago, Monforte, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Betanzos....
No momento de maior expansión chegou ata a haber 30.
O órgano de expresión foi o xornal "A Nosa Terra" fundado en 1916 e escrito íntegramente en galego. Foi tamén a voz do Partido Galeguista.

Batalla de Cacheiras.

Hoxe vou a falar dunha batalla que tivo lugar en Lugo no ano 1846 o día 23 de abril, xustamente a fecha de hoxe..

domingo, 22 de abril de 2012

Eduardo Pondal Gif

As Pepitas


Buscando un rei demócratico para España.

Celebrase por fin o 16 de novembro de 1870 a elección dun novo rei para o país. Estaban presentes 311 deputados. Para que puidera ser elixido Amadeo de Saboia ( Duque de Aosta) precisabanse 173 votos, o resultado foi o seguinte:

"No mas leyes, abajo los consumos, viva el pueblo soberano, viva la república democrática federal"

    11 de Outubro de 1872, Ferrol, catro anos despois da Revolución Goliosa ao mando de Juan Bautista Topete, entran no arsenal baixo este lema un grupo de 14 persoas cunha clara intención republicana a expandir a o longo de España. Conseguen asi reunir 200 infantes de marina, 1500 mariñeiros e outros 200 traballadores da maestranza, contrúen fortes e fanse co control de todas as instalacións facéndose así invulnerables dentro do recinto tanto por mar como por terra. Este movenmento nos se propaga ao resto de península e finalmente o 13 de abril do mesmo ano a chegada de 750 soldados procedentes de A Coruña destruen os fosos e fortes contruídos e rematan coa ilusión dos revolucionarios que serán posteriormente condenados baixo a frase "Hai que empregar os medios pacíficos para atraer a República" de Pi i margal. Moitos intentarán escapar pero serán capturados na ría e encarcelados posteriormente en cárceres contruídas nas aforas da cidade.
    Un ano despois o 13 de Febreiro proclamarase 1ª República española e os protagonistas da insurrección da nosa cidade son postos en libertade coa proclamación desta. !Unha verdadeira pena que tan só durara un ano!.

sábado, 21 de abril de 2012

OS INICIOS DO CACIQUISMO E A IMPLANTACIÓN DO SISTEMA CACIQUIL EN GALICIA DURANTE A RESTAURACIÓN.

PACTO ENTRE A ALTA BURGUESIA E OS RENDISTAS:
A RESTAURACIÓN. (1875-1931)
 En Galicia a Restauración foi un gran pacto entre a  alta burguesía e  a oligarquía rendista. Créanse familias de representación política nas Cortes, nombres como Montero Ríos, Riestra,, manteñen  a os seus amos na cúpula do poder. A Restauración  é   a paz, a tranquilidade, mais tamén a vergoña nacional. O sistema funciona grazas a o caciquismo, que tén nas eleccións a súa xustificación e nos concellos a súa forza.

A república dos soños

Para algúns O Couto Mixto foi a primeira democracia da historia de Europa. Falo dunha terra sen dono, unha república independete de España e Portugal que se remonta á Idade Media e que desaparece no ano 1868.

Rubías (un dos tres pobos que conforman o Couto Mixto)


jueves, 19 de abril de 2012

O rexurdir da cidade de Compostela

A cidade de Compostela rexurde a partires da metade do século XIX. Foi ó quedar sen a capitalidade da provincia e do Reino, a finais do século XVIII, cando quebrou a cidade peregriña de Santiago. Mais, como dicía, a partires da metade do século XIX, Santiago de Compostela rexurde gracias á burguesia e a familias comerciantes que recalaron fóra de Galicia tales como os Harguindey, de orixe vasco francesa e que montaron os curtidos na cidade. Cabe nomear tamén a labor de propulsión por parte doutras familias tales como os Eleicegui, os Larriba, os Iribarnegaray, ou os Pérez Sáez ou De los Ríos. E serán estas familias as que estén detrás da creación da primeira liña de ferrocarril que houbo en Galicia, a de Cornes a Carril.

Home lobo galego

A historia de Galiza está chea de lendas, pero o que conto hoxe non é precisamente unha delas....Manuel Blanco Romasanta protagoniza unha das historias máis negras que gardamos na nosa terra.Naceu en Esgos no ano 1809 e, trala morte da súa muller, abandonou o seu oficio de sastre e adicouse á venta ambulante, recorrendo as vilas, bosques e camiños de Galiza, ata coñecer a fondo todolos recunchos e camiños.Visitaba frecuentemente as aldeas, polo que se fixo coa confianza dos lugarenses con certa facilidade. Un día convenceu a unha veciña dunha destas vilas para que fora coa súa filla a Santander, que alí atoparía unha vida mellor; a muller, desexosa dun bo futuro, parteu camiño a Santander con Romasanta e a súa filla, nada máis volveuse a saber da vida desas mulleres.
Cando volveu á aldea comentou polo lugar que a veciña que fora con el atopara traballo, o que animou a outras mulleres a seguir o seu mesmo camimño...e a rematar da mesma forma. Pronto comezaron os rumores do destino das mulleres e Romasanta intuiu que xa non era moi ben visto e os seus contos comezaron a circular por toda Galiza. Chegou ata Castela con documentación falsa e en Toledo foi recoñecido e posteriormente denunciado por labregos da zona, rápidamente foi detido.
No momento do seu interrogatorio Romasanta recoñeceu ata 13 crímenes, os cales cometiaporque ao caer a noite, o seu corpo tornaba en forma de lobo e obligáballe a cometer ditos asasinatos; según el isto lle ocorría debido a unha maldición que lle botaran cando era adolescente.
 Tan famosa foi a historia deste home lobo que a mesmísima raíña Isabel II condeceulle un indultopolo que lle cambiaba a pena de morte pola cadea perpetua.
Nada máis se soubo deste home que pareceu desaparecer entre os muros da prisión, xa que non hai rexistro que sinale un falecemento ou algún traslado de cárcere, pero a lenda conta que convertido en lobo logrou saír de alí, e que todavía hoxe anda vagando polas oscuras noites galegas.

Tamén está moi interesante o reportaxe do porgrama Cuarto Milenio, moito máis extenso e que conta con opinións de estudosos do tema (consta de 3 partes, só poño a primeira e se vos gusta acededes a Youtube e alí apareceren as dúas seguintes entregas):
No ano 2004 saeu a pelíula 'Romasanta.La caza de la bestia'contando esta historia,dirixida por Paco Plaza que non recibiu moi boas críticas en cant á forma de contar a historia pero, en cambio, foi moi eloxiada polo coidado que se lle deu á súa realización e ambientación, vestiario, fotografía e demais aspectos técnicos; tanto foi así que foi nominada a un Goia por mellor fotografía e efectos especiais. Deixovos a foto dunha das eseas máis recordadas da película, na que Elsa Pataky está tendo máis que palabras con Romasanta:
Un saúdo!