Un xeito de entender que o pasado ainda vive no presente é a análise dos topónimos de ríos, vales e montañas espallados pola complicada xeografía de Galicia. Unha das primeiras cousas que facemos os humanos diante de territorios descoñecidos e poñerlle nome ao que nos rodea. Os nomes nos transportan a tempos case máxicos que permiten "apropiarnos" do territorio e entendelo. Mirade se non, o que da de sí a análise da orixe do topónimo do rio Bibei (Ourense). O río ten unha fermosísima ponte romana
construida en tempos de Trajano; sin dúbida algunha a mellor de Galicia. Nos seus 2 000 anos de vida nunca precisou unha reparación. Coñeceu o tráfico dos galaicos romanos da Via XVIII entre Braga e Astorga e ainda hoxe soporta o tráfico pesado da
Carretera Ponterrada-Ourense/OU-533 sin inmutarse.