Mostrando entradas con la etiqueta Século XVII. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Século XVII. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de marzo de 2012

pequena reflexión

1598. Crack!
Sendo rei de España Felipe II, e con el alcanzando un imperio que abarcaba todos os continentes; a caída sufrida polo país dende tal altura foi catastrófica (para os que sempre acaban pagándoo, a oprimida clase media, campesiños e xornaleiros daquela época).
A súa complexa personalidade reflíctese nas súas adquisicións pictóricas. Moi amado polos seus amigos e odiado e tachado de despótico polos seus inimigos.

Benito Jerónimo Feijoo, o Voltaire en versión cura de Galicia, expresa no súa obra "Teatro Crítico Universal":
"Dos extremos, entrambos reprehensibles, noto en nuestros españoles en orden a las cosas nacionales. Unos las engrandecen hasta el cielo; otros las abaten hasta el abismo."
Ata o abismo conduciuse España no seu sobrepatriotismo.




Baixo o seu reinado Sevilla tiña o monopolio de toda a península para o intercambio comercial coas Indias.
Galicia, ademais de quedar relegada a un último plano, tanto como polos seus malos medios de comunicación (mais ben inexistentes) respecto co resto da península, como na privación da propia lingua nai, da súa cultura, da súa identidade e mesmamente no comercio.
Galicia queda olvidada no estudo da "Historia de España".
Galicia, dominada por multitude de pequenos fidalgos de pazo e esparexida en catro mil parroquias, torna a ser o lugar escuro e tenebroso do que ninguén quere formar parte, ou do que ninguén mostra algún interés.
¿Ninguén?
Pois non.
Personalidades galegas propias da nosa Ilustración defenderon, investigaron e loitaron para que Galicia puidera ter un futuro mellor; para a denuncia de esa situación inxusta.
Unha denuncia contra o asoballamento que emprendeuse polos enciclopedistas do século XVIII e posteriormente se reivindicaría no XX coas Irmandades da Fala e co Grupo Nós; que marcaron un fito senlleiro na historia da cultura galega.
Este desprazamento, moito máis acentuado antes que hoxe en día, é evidente que segue vixente.
Perduran así as confrontacións entre unha mesma España.
Castelao:
“Los catalanes, los gallegos y los vascos serían anti-españoles si quisieran imponer su modo de hablar a la gente de Castilla; pero son patriotas cuando aman su lengua y no se avienen a cambiarla por otra. Nosotros comprendemos que a un gallego, a un vasco o a un catalán que no quiera ser español se le llame separatista; pero yo pregunto cómo debe llamársele a un gallego que no quiera ser gallego, a un vasco que no quiera ser vasco, a un catalán que no quiera ser catalán. Estoy seguro de que en Castilla, a estos compatriotas les llaman "buenos españoles", "modelo de patriotas", cuando en realidad son traidores a sí mismos y a la tierra que les dio el ser. ¡Estos sí que son separatistas!”.

E se me apuras, até hoxe en día estamos a estuda-los prexuizos que afectan á lingua galega!
E o peor de todo é que algúns deles... xa veñen dados dende a Idade Media!


domingo, 18 de marzo de 2012

CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS DOS SÉCULOS ESCUROS.

Globalmente, o movimento demográfico de Galicia nestes tres séculos obedecéu a dúas tendencias de aumento e a unha de estancamento. Como resultado a poboación triplicóuse. Velaquí unhas cifras conxeturás do XIII ao XVIII:

ANO

POBOACIÓN

H./KM2

1280

476.820

16

1553

533.400

18

1591

620.000

21

1670

620.000

21

1717

1.210.000

41

1749

1.350.000

46

Entre 1450 e 1480 a poboación comenzóu a aumentar na maior parte de Europa. Este movimiento seguíu, con algunhas interrupcións temporais, ata os primeiros anos do século XVIII. Galicia estivo dentro da tendencia xeral da Europa atlántica.

Ao promediar o século XVI, o auxe atenuóuse. Na década de 1640 renovóuse o crecimiento, que se disparóu a partir de 1670, aínda que non é probable que as poboacións de 1591 e 1670 fosen iguaís. Non houbo perda de poboación en sentido absoluto no XVIII; somente perda de veciños contribuíntes. En 1594 eran perto de 125.718; no século XVII, 118.680. En toda a documentación é unánime o aumento pasivo de mendigos. Os factores desencadeantes do diverso sentido do movimiento demográfico están en relación coa produción e coa mortalidade. A mellora produtiva no XVI debéuse ao comercio esterior costeiro, que dinamizou a agricultura. Impedido este comercio polas guerras imperiaís, o teito produtivo interior mudóuse en estancamento. Co fin das guerras con Portugal veu a coincidir a introdución masiva do millo gordo, que fixo posible o novo disparo poboacional; mais pola metade do XVIII as posibilidades decaíron novamente.

Análises demográficas locaís proban o descenso da mortalidade no XVIII, dunha tasa de 35,5 por mil no XVII a 20,05 por mil a final do XVIII.

De momento, fican en pé graves dificultades para establecernos unha demografía precisa de Galicia nestes séculos pre-estadísticos. As veciñanzas do XVI e do XVIII e os primeiros censos de habitantes son pouco fiables. Os estudios de Eiras sobre a fiabilidade destes documentos para a provincia de Santiago conceden distinto valor a cada un. Eiras xulgóu correcto o 3,6 para a provincia de Santiago; na montaña lucense era, sen dúbida, moi superior. En contrapartida, o grado de ocultación obriga a sumar habitantes. A estadística proposta máis arriba, en base a datos diferentes, creo que pode eludir algo a realidade.

A poboación seguía a ser eminentemente rural; ningunha das cidades, e menos as vilas, pasaba de 20.000 habitantes. No XVI o maior número de habitantes correspondía a Pontevedra, seguida de Santiago, Ourense, Viveiro, A Coruña, Lugo, Betanzos e Redondela. Durante o XVII, as aglomeracións costeiras indefensas perderon poboación; somente medróu A Coruña, e o Ferrol empezóu a significar xa algo como cidade de realengo. A mediados do XVIII as cabezas de provincia tiñan a poboación seguinte:


Nº DE VECIÑOS

Nº DE HABITANTES

Santiago

4.504

13.952

A Coruña

2.051

6.358

Betanzos

908

2.815

Tui

903

2.799

Ourense

773

2.396

Lugo

709

2.198

Mondoñedo

626

1.941

Aspectos importantes da demografía, como a división por sectores de producción ocuparánnos ao tratar da economía. Agora cómpre consignarnos un: a emigración.

Parece imposible un estudio estadístico da emigración galega nestes tres séculos. E indubitable a esistencia dunha movilidade migratoria no XVI e no XVII. Varios miles de galegos repoboaron as Alpujarras cando os mouriscos foron forzados a abandonalas; concretamente cando os espulsóu do Estado Felipe II.

Os rexistros de saída cara a América dannos un número de galegos inapreciable. Mais é ben notoria a esistencia da emigración clandestina. Con todo, maior relevancia tivo a emigración no XVII. Para o século XVIII apreciase unha emigración con dirección a León, Castilla e Andalucía; as cifras son de 30.000 individuos anualmente, a maior parte homes, porque non faltan mulleres e nenos.

A emigración no XVIII cara a Portugal, Castilla e América foi grande. En total arredor de 300.000 individuos ao longo do XVIII. A emigración ultramariña dirixíase principalmente a Sudamérica. A partir de 1776 os gobernos españois tentaron protexer aos emigrantes galegos contra abusos nas levas militares e na navegación. Creóuse na Coruña una comisión encargada da espedición de familias ás terras do Mar de Prata. Conseguintemente, aquel porto convertéuse en centro de partida de numerosos grupos cara ao sur de Argentina, o Uruguay oriental e Brasil. Este último país atraía aos buscadores de ouro.

A emigración foi, tanto como o efecto da miseria dos sectores populares máis desfavorecidos, o indicador do desaxuste das estruturas socioeconómicas que máis chamóu a atención dos ilustrados en procura dunha reforma. Campomanes intentóu algún arranxo con propostas concretas.

viernes, 16 de marzo de 2012

A evolución do estamento eclesiástico durante os Séculos Escuros.

A EVOLUCIÓN DO ESTAMENTO ECLESIASTICO:

Durante os seculos escuros o estamento eclesiástico era o máis poderoso económicamente. Esaminado de perto, advértese nel un progresivo esmorecimento. Dun lado porque, incapaz de administrar directamente os bens propios, tivo que acudir a intermediarios, que se apropiaron da maior parte dos escedentes; doutro lado, porque o clero, lonxe de ser un organismo uniforme, estaba segmentado en grupos cheos de mutuo antagonismo por causa do distinto ingreso de escedente e pola inxerencia, nos mellares postos, de persoal estranxeiro. Preséntasenos, logo como un sector estático nestes tres séculos, en que a poboación xeral se duplicóu.

Contrariamente ao que sucedía no Reino de Castilla, en Galicia o clero secular era moi superior en número aos relixiosos e relixiosas. Mais en poder económico o sector monacal competía co secular, e en influirán no pobo eran os frades os primeiros, en canto que na burguesía só influiron algo os xesuítas.

O único centro de formación teolóxica do clero secular era a Universidade de Santiago. As biografías dos cregos promovidos a cargos superiores proban que gran parte tiñan estudios universitarios fóra do país, especialmente en Salamanca. Os monxes e mendicantes dispuñan de particulares colexios de teoloxía, aos que excepcionalmente asistían seminaristas seculares. A creación de seminarios imposta por Trento pouco significóu en Galicia. En 1572 e en 1594 erixíronse seminarios en Mondoñedo e Lugo; a finais do XVIII, en Ourense. Mais ata o XIX non funcionaron prácticamente os seminarios galegos.

A organización eclesiástica xeral era moi parecida á actual: unha provincia con arcebispo en Santiago, bispos en Tui, Ourense, Lugo e Mondoñedo. A metropolitana xacobea pertenecían tamén Astorga e as antigas dioceses emeritenses, Zamora, Salamanca, Plasencia, Coria, Badaxoz, etc. As dioceses galegas configurábanse con 3470 parroquias cinco catedrás e nove colexiatas. O total do clero e persoal dependente era de arredor de 17330 membros a finais do XVIII, o 1,2% da poboación (a media española era de 1,5%). Dúas terceiras partes correspondían ao clero secular.

A reforma dos relixiosos de finais do XV e primeiros do XVI conlevóu a concentración do monacato, antes moi disperso por todo o país, tanto o masculino como o femenino.

A relación de A. Morales (1572) cifra en 26 os priorados e abadías masculinas e somente un priorado femenino, o de San Paio (Compostela). Labrada ofrece unha distribución do estamento eclesiástico regular en 1797:

Monxes

Casas

Profesos

Novicios

Leigos

Criados

Total

Beneditinos

7

248

5

21

92

366

Cisterciense

(Mendicantes)

15

404

15

9

80

508

Dominicos

12

154

6

23

31

214

Franciscanos

22

802

24

138

64

1028

Agostiños

3

84

-

3

10

97

Mercedarios

2

60

-

3

14

77

De S. Xoan

3

15

-

6

7

28

Os xesuítas espulsados en 1767 por Carlos III eran un centenar. As monxas beneditinas e bernardas só tiñan dúas casas e un total de 53 profesas. O total das relixiosas era de 551.

O clasismo interno do clero galego era forte. En canto que o clero alto se beneficiaba de desmos e rendas, o resto vía cómo fuxían os demos das súas maos. Somente un 50% do desmo ficaba para os cregos das parroquias no mellor dos casos; ás veces somente un cuarto. Estes cregos esforzábanse en estender o escusado; máis esta fórmula subordinábaos aínda máis ás familias acomodadas. O desmo estendíase a todo: cereás, gando menor, hortalizas, liño, castaña, etc. E no mar ao peixe. O cobro do desmo era directo nas parroquias rurais; neutros casos era arrendado por dous anos. Os arrendatarios non sempre eran xente do agro; así, en 1750, os arrendatarios do Hospital Real de Compostela foron o 51% xente rural e o 49% xente urbana. A dureza do desmo deixábase sentir, mais desde a Edade Media. A resistencia a pagalo non está comprobada no interior máis que a partir de 1808.

A política relixiosa da Monarquía Católica en Galicia seguíu, no nomeamento de cargos, o mesmo estilo que seguía nos sectores políticos e militares: preferir normalmente aos estranxeiros e enviar os nativos a prestaren servicio noutras zonas do Estado. Na dirección dos mosteiros aínda se foi máis lonxe ás veces: durante séculos os abades chegaron de afora. A protesta ante esta situación foi recollida pola do Reino en 1599 e renovada en 1764. Os mosteiros galegos, tanto nos bernardos como nos beneditinos eran, proporcionalmente, os máis numerosos de ambas congregacións (14 e 9, respectivamente), e as súas rendas as máis abundosas, tamén, ata o punto de servirán en parte para soster casas e colexios castellanos que non tiñan onde recoller nada. No obstante esta importancia dos seus efectivos, as portas do influxo real na marcha da congregación estaban pechadas. Os cistercienses formaban na provincia de Castilla, os beneditinos na de Valladolid. E outros tiveron que loitar duramente para conseguirán a bula de Clemente XII, aplicada aos beneditinos por Benedito XIV en 1749. Ao dividir as congregacións en catro zonas rexionais os beneditinos, promovíase unha verdadeira igualdade no acceso á dirección da congregación, tanto no eido administrativo, como no ideoloxico e cultural, cousa imposible ata aquel tempo. Así se esplica que a lingua desaparecese tanto dos escritos administrativos como literarios, da burocracia, de boa parte do mercado e aínda da predicación.

jueves, 15 de marzo de 2012

unha aventura que por unha noite foi EUMESA

Na decadente España de finais do século XVII, estábase a debatir a resolución dun grave problema para o futuro de España: o matrimonio para a futura descendencia do rei Carlos II de España.
No ano 1689 a súa primeira muller falecera sen descendencia, e Carlos II de Austria, Habsburgo ou España tiña que encontrar unha rápida solución ó seu problema. Pero ese non era o único quebradeiro de cabeza do pobre home.
Coñecido polo pobo como "O Enfeitizado", Carlos II tiña un aspecto horrible, lamentable.


Vendo cadros de él, pode observarse tal afirmación, pero aínda habería que ter en conta que os diversos artistas debuxaríano o máis favorecido que puideran; así que non é esaxerado o inconmensurable da súa fealdade. Chamábano "O Enfeitizado" xa que o pobo dicía que o seu aspecto debería de ser causado por influencias demoníacas. Ademáis, estaba o problema da súa impotencia. Pode ser que tivera o síndrome de Klinefelter (SK), causado por un hipogonadismo (carencia ou defecto do órgano sexual).
Pero xa se sabe, a grandes males; grandes remedios. Dábanlle de comer os testículos machacados dos aforcados para ver si aumentaba así a súa fertilidade.
O máis lóxico é que ista enfermidade fose causada polos frecuentes matrimonios consanguíneos típicos da realeza. Carlos II era raquítico, impotente, horrendo e corto de mente.
Un cadro bastante irónico é o de él mesmo na Sala dos Espellos, Palacio Real de Madrid.


Volvendo ó tema do seu matrimonio; había tres candidatas entre as que elixir a súa futura muller:
Unha era Isabel María de Portugal; outra Mariana de Médicis, e a última e finalmente elixida (por non ter sangue francesa) Mariana de Neoburgo; ou María Ana del Palatinado Neoburgo.



Unha muller lonxeva xa que morreu ós 72 anos de idade. Tamén escollérona pola gran extensión da súa familia (a súa nai tivera nada máis e nada menos que 23 fillas). A ver se lle tocaba esa sorte a ela.
De físico imponente; alta, pelirroxa, con curvas, atractiva. Pero vanidosa altanera e egoísta.

A VIAXE
Baviera, 3 de setembro de 1689; Corte Real Española, 22 de maio de 1690.
Gracias a Cátedra, Revista Eumesa de Estudos; e os seus esforzos utilizando relacións de sucesos espallados polas bibliotecas portuguesas e españolas, recabouse a seguinte información:

Habéndose efectuado a voda por poderes en Alemaña o 8 de maio de 1689, comezou a viaxe da futura raíña cara España.
Como naquel entonces había unha guerra contra os franceses (como non), era necesario que a viaxe se realizara por mar. Decidiuse cruzar o canle da Mancha fronte viaxar polo mediterráneo.
A ruta a seguir era: Baviera, Holanda, Canle da Mancha, Santander e Madrid.
O buque almirante no que viaxaba Mariana chamábase "The Duke".
Debido á constante tardanza a España, o pobo xa cantaba sátiras de que había que ir buscala a Holanda xa que senón ela non ía vir.
O 28 de Setembro comunicóuselles que en vez de ir a recibila a Santander terían que ir a Coruña polas inclemencias temporales. Así que cambiaron de rumbo cara Palencia, e de aí a Coruña a esperala.
O 26 de marzo de 1690 foi albiscada a flota que conducía á raíña Mariana de Neoburgo.
Por mor do forte vento e o mal estado da mar, foi imposible atracar na Coruña, onde a raíña era
esperada, e a flota dirixiuse á ría de Ferrol.
Se menciona o porto de Ferrol, pero esta denominación non debe confundirse coa actual cidade de Ferrol. A raíña encallou preto de Mugardos, xusto enfronte do actual porto de Ferrol e nunca chegou a pisar a cidade ferrolá.
Carlos II concedeulle á vila de Mugardos o privilexio de que os seus habitantes estivesen exentos do servicio no Exército e na Mariña, xunto coa concesión do título de Real Vila.
No Arquivo Municipal de Mugardos consérvase un documento datado o 30 de xullo de
1705, no cal Domingo de Souto (procurador real da vila e porto de Mugardos) reclama "Que la
Ciudad de Vetanzos, y su Provincia cumpla con la cedula de su Magestad y no les comparta mari
neros soldados ni gastos".
Isto foi debido a que uns galeguiños axudaron á raíña cando desembarcou nun lugar totalmente descoñecido errando o súa ruta. Non coñecía tampouco a linguaxe nin as costumes das xentes, pero estas humildes xentes antigas poboadoras de Galicia cumpriron co seu cometido e de esta maneira foron premiados.




Por fin, o día 16 de abril procedeuse ao desembarco19 da raíña e leváronse a cabo as reais
entregas. Despois, púxose en camiño facendo noite en Pontedeume, onde se hospedou nunha mansión do Conde de Lemos.

domingo, 11 de marzo de 2012

Himno do antigo reino de Galicia

Esta marcha procesional nace no século XVI ou XVII e pasará a converterse nun símbolo da nosa tradición e cultura. Foi, e segue sendo, interpretada por numerosas bandas de gaiteiros de cofradías procesionais por toda Galicia. Unha das súas últimas interpretacións oficiais tivo lugar no cemiterio de Perbes para orgullo de moitos, indignación de algúns e indiferencia de moitos máis. Eu deixo aquí a miña interpretación do himno coa frauta nun vídeo con imaxes propias. A marcha orixinal é algo máis longa pero coma sempre se repite o mesmo...

martes, 21 de febrero de 2012

Novos materiais, clips e documentos

Aquí tedes o asunto que nos ocupará nos vindeiros días: a Galicia dos séculos XV ao XVIII, etapa que algúns autores denominan "Anos escuros". Neste tempo, Galicia perderá o protagonismo do medievo e afundirase nos currunchos da historia do estado español. A lingua galega só será falada polas clases mais baixas, mentres que as poderosas imporán o castelán. Tan só a fidalguía e a igrexa conseguirán un certo esplendor grazas por suposto, as rendas e o esforzo dos sufridos labregos (o 80% da poboación). A chegada do millo e a pataca de América terá unha enorme repercusión na vida cotián dos galegos deste tempo. E no século XVIII, un grupo de galegos ilustrados comenzarán a pensar solucións de futuro en clave de país. Son séculos de luces e sombras, de miserias cotiáns, grandezas en pedra (o barroco galego) e monopolio ideolóxico da igrexa coa ferramenta implacable da Inquisición. Nesta presentación toparedes moitos materiais que pretenden aportar pistas e alumear a vosa curiosidade.5. Anos escuros (XV-XVIII)
View more PowerPoint from Manolo Gonzalez
Tamen tedes a vosa disposición unha nova lista de distribución con case vinte videos sobre o tema no Canle de Youtube Recunchos da memoria. Tamén alí toparedes inspiración e material dabondo para viaxar aos tempos mais escuros da Historia de Galicia.