Mostrando entradas con la etiqueta Diferenzas sociais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Diferenzas sociais. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de mayo de 2012

Nós.


NÓS somos un grupo de xovesd loitando por todas as inxustizas daquesta xeración onde nos toca vivir. Non queremos vivir con medo do que poida pasar nun futuro, queremos un galego libre de opresión, non pedimos que este este por encima do castelán, se non que teña os mesmos dereitos.
Queremos a normalización da nosa lingua, do nosos ser, da nosa natureza e da nosa liberdade, porque non é so unha lingua, se non unha forma de vida, a nosa forma de vida, e nos non podemos actuar encontra dela, é algo propio do noso ser, sería actúar encontra de nós mesmos.
Xamás sentirás o que é a morriña se non sabes como somos os galegos nin a cultura que nos identifica. Por iso debemos de coidar todo o que temos, empezando polo noso idioma e rematando polo polbo á mugardesa!
Os máis novos hai que empregar o noso idioma para falar con eles, de maneira que asi de xeración en xeración nunca perderase o noso método. Hai que conytinuar coas tradicións de sempre, coma as comidas en casa de avoa os domingos, o polbo os sábados, as empanadas, a choiva durantes días prolongados e o olor cando para a campo mollado, as pradeiras verdes e as árbores castiñeiras en outono, as alfombras de flores,os consellos dos bós amigos, os “vais caer” e os “malo será”, as fogueiras en San Xoán… e moito máis que compartimos unha serie de persoas, polo cal imos loitar por unha igualdade.

sábado, 19 de mayo de 2012

FOLGA XERAL DO 72

O 10 de marzo de 1972 produciuse en Ferrol unha amnifestación dos obreiros da Bazán. Se dirixían a factoría de Astano en Fene, buscando a solidadriedade dos compañeiros cando chegaban o ponte das Pías a policiía fíxolles frente, dispararon. Morreron Amador Rey e Daniel Niebla, houbo mais de coarente feridos de bala, e moitos detidos.
Nos seguintes días houbo folgas e manifestaciós na comarca e por toda Galicia. Os estudantes universitarios tamén se solidarizaron.
Este feitos foron moi importantes para o desenvolvemento dos sindicatos na nosa terra nos derradeiros anos do franquismo.

jueves, 19 de enero de 2012

Despertando á vida (2º parte)

Os sistemas de control  e dominio no mundo que vivimos son mais sutís e dificiles de detectar "aparentemente" que na Idade Media; pero aí están, diante dos nosos ollos se queremos abrilos. Non gosto moito do cinema de J.L. Garci, mais ista secuencia -filmada hai 30 anos- permite ilustrar  algunhas ideas das que falamos en clase nestes días. Que vos guste o diálogo, que complementa perfectamente a magnífica entrada anterior de Iago Romero

miércoles, 18 de enero de 2012

Despertando á vida

Xa que falabamos hoxe na clase das diferencias sociais na Idade Media respecto coas de hoxe en día deixo aquí unha das secuencias do filme "Waking Life", de Richard Linklater, á que me recordou o asunto.

Penso que a pregunta a facer despois de ver isto é: ¿Pensaches algunha vez nas cousas das que fala este home ou simplemente está tolo?
A quen lle interese unha película que se para a pensar nos soños e na vida nun ton un tanto filosófico, xa sabe: Waking Life (2001)