Mostrando entradas con la etiqueta Natureza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Natureza. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de mayo de 2012

Nós.


NÓS somos un grupo de xovesd loitando por todas as inxustizas daquesta xeración onde nos toca vivir. Non queremos vivir con medo do que poida pasar nun futuro, queremos un galego libre de opresión, non pedimos que este este por encima do castelán, se non que teña os mesmos dereitos.
Queremos a normalización da nosa lingua, do nosos ser, da nosa natureza e da nosa liberdade, porque non é so unha lingua, se non unha forma de vida, a nosa forma de vida, e nos non podemos actuar encontra dela, é algo propio do noso ser, sería actúar encontra de nós mesmos.
Xamás sentirás o que é a morriña se non sabes como somos os galegos nin a cultura que nos identifica. Por iso debemos de coidar todo o que temos, empezando polo noso idioma e rematando polo polbo á mugardesa!
Os máis novos hai que empregar o noso idioma para falar con eles, de maneira que asi de xeración en xeración nunca perderase o noso método. Hai que conytinuar coas tradicións de sempre, coma as comidas en casa de avoa os domingos, o polbo os sábados, as empanadas, a choiva durantes días prolongados e o olor cando para a campo mollado, as pradeiras verdes e as árbores castiñeiras en outono, as alfombras de flores,os consellos dos bós amigos, os “vais caer” e os “malo será”, as fogueiras en San Xoán… e moito máis que compartimos unha serie de persoas, polo cal imos loitar por unha igualdade.

viernes, 18 de mayo de 2012

A catástrofe do Mar Exeo

O Mar Egeo, un petroleiro grego, encalla na costa coruñesa o 3 de diceembro do ano 1992 causando uns daños devastadores a nivel ecolóxico. O buque tiña 261 metros de eslora por 40 de manga. O feito tivo lugar ás cinco da madrugada a apenas a uns 100 metros da costa, enfrente da Torre de Hércules.



Moita xente, especialmente as novas xeracións, nin sequera coñecen o catastrófico suceso ensombrecido xa polo desastre do pretoleiro Prestige en 2002. E o Prestige non foi o segundo pretroleiro nos últimos tempos que explota na costa galega. O petroleiro Urquila explota na entrada do porto da Coruña no ano 1976. Pero, volveendo ó 1992, o petroleiro Mar Egeo verteu na costa coruñesa 79.096 toneladas de petróleo cru. E foi ás dez da mañá cando o fuel non cesaba de fluir polas moitas vías provocadas polo accidente cando o petrolero parteu en dous e sete dos seus nove tanques estalaron en chamas.


O Mar Egeo levaba un total de 30 pasajeros abordo. Nel quedaron 7 persoas para intentar levar a porto o barco mais, ó aparecer as primeiras gretas, foron tamén evacuadas ante a inminente ruptura do buque, o cal tieña estado detido horas antes na ría de Ares para descargar vertidos.
A complexidade do accidente foi considerable ata o punto de que tiveron que intervir numerosos helicópteros e barcos de rescate sendo evacuadas 100 vivendas da cidade na zona máis próxima ó accidente.



E aínda que o Prestige resulte máis recente, seguramente o fuel desprendido polo Mar Egeo todavía segue contaminando a costa galega. E con total seguridade todas as persoas que viviron en Ferrol no ano 1992 recordarán a nube negra de fume que chegou ata a cidade ensuciando ventás e cristais.




miércoles, 2 de mayo de 2012

Todas as desfeitas de Galicia a golpe de Clic

Ven de seren publicado un mapa con todas as desfeitas da Galicia do 2012: os problemas medioambientais, sociais, económicos...etc.  Supoño que poderá ser util para "enfocar" algúns dos vosos traballos: do presente cara o pasado, pois moitos dos problemas actuais comezan no século XX - algúns moito mais atrás- 

Si queres ver o mapa perfecto e coñecer polo miudo algúns dos problemas contemporaneos do país no que vivimos, descarga aquí o mapa en gran calidade: Descarga aquí a infografía (.pdf)

martes, 3 de abril de 2012

Eume 2

Hoxe pasei por alí e... En fin, complemento a entrada de Marcos cunhas fotos que saquei.

Eume

Ai vai unha sentida lembranza visual de Marcos Lourido ás Fragas do Eume