viernes, 23 de diciembre de 2011

Pobo Suevo

Xa que isto estaba tan animado fixen esta presentación dos suevos con música propia. Aí queda.

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Aquí tedes un completo e moderno mapa de carreteras do imperio romano.. Por elas viñeron suevos, visigodos, arabes...e ainda se utilizaron na Idade Media... Podes velo nesta ligazón

jueves, 15 de diciembre de 2011

Unha sauna castrexa en perigo

Todos os días publícanse novas sobre a historia e o patrimonio de Galicia. Nesta ocasión trátase do perigo de destrución dunha sauna castrexa nun remoto e inaccesible castro na Fonsagrada (Lugo). En clase falamos sobre ista aínda descoñecida actividade dos nosos devanceiros.
 Aquí tedes un enlace no que podedes ver unha magnífica reportaxe sobre cómo poderían funcionar as saunas dos castros, ademais de fotos espectaculares e iste vídeo sobre a Sauna do Castro de Castañoso.



E xa para rematar un pequeno video que reconstrúe o funcionamento das saunas castrexas

jueves, 8 de diciembre de 2011

Petroglifos, unha linguaxe común dos pobos atlánticos

Nestes días publicouse unha interesante entrevista con Antonio de la Peña, un dos mais documentados expertos sobre dos petrogligos galegos. Nela, faise unha interesante reflexión sobre a identidade e conexións de todo tipo entre os "debuxos" galegos na pedra e os dos pobos do Atlántico: Irlanda, Inglaterra, Bretaña francesa...etc...Podes ver a entrevista aquí : Hai 4000 anos habia unha linguaxe que unía as Illas británicas e Galicia
Neste video podemos confirmar que, anos despois no tempo dos castros,  ise trafego era tamén comercial.

Materiais de Galicia Sueva

Aquí tedes un conxunto de materiais: imaxes, clips e ligazóns diversas sobre a cultura e sociedade da Galicia Sueva.  Poderíades aproveitar nos días que veñen para aportar mais información, historias propias, pescudas, comentarios... etc. O prazo de entrega deste tema remata exactamente o día 9 de xaneiro.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

[des]amor


Como xa fixen unha entrada no meu blog sobre as vodas romanas , agora toca un pouco do contrario

Despois de casar e ser felices e comer perdices todo iba ven, pero que pasaba se o amor se acaba?Podían divorciarse as persoas nestes tempos?

martes, 29 de noviembre de 2011

Un pouco de historia

Aqui vos deixo nun pequeno resumo a historia da torre de Hercules, construida na época dos romanos:

A Torre de Hércules foi construída polos romanos como faro de navegación no século II d. C., comprendida a construción entre os reinados de Nerón e Vespasiano en función dos achados de fragmentos de terra sigillata e vasos de paredes finas datables entre os anos 40 e 80 de nosa era[cita requirida]. A inscrición ao pé da torre e as referencias documentais sobre a cidade de Brigantium (A Coruña) revelan a existencia dun faro da época de Trajano.

Os dioses romanos.

A relixion romana era politeista (copiada de Grecia) aqui os deixo un pequeno resume dos seus dioses mais importantes comparados tamen cos seus antecedentes gregos:


JUPITER: Divindade itálica do ceo, a luz e os fenómenos atmosféricos. Considerado tamén o deus supremo do panteón antigo. Formaba primeiro parte da Triada con Marte e Quiri, substituída logo pola triada Capitolina, con Juno e Minerva. Pola súa condición de príncipe dos deuses foi identificado co Zeus grego e asumiu os seus mitos. Correspondíalle a cela central do templo do Capitolio, pero tiña outras na cidade, a do forum antigo.


Datos interesantes sobre os romanos.

A continuación, os conto algunas cousiñas interesantes sobre os pobos romanos.
-No circo romano, os espectadores sempre intentaban conseguir sangue do gladiador victorioso, xa que crían que daba sorte e saúde. Co sudor, as mulleres facían cremas para o corpo.
-Durante as obras de teatro, siempre se  mataba de verdad a un dos actores, ainda que sempre utilizaban a un condeado.
-O xogo infantil de 'poñerlle a cola ao burro', ten os seus comezos na Antiga Roman, en ocasións de festexo, un escravo era colgado, espido, das pernas e dos mans e os invitados (tamén espidos) con ollos tapados, intentaban colocarlle ' a cola ao burro'.
-Se lles comezó a poñer herraduras aos cabalos porque os romanos comezaron a pavimentar as súas calles.
-Ante o xuiz, os romanos xuraban dicir a verdad apretandose os testículos coa man dereita, de ahí vén a palabra ' testificar'.

Lucius o "garumeiro"

Ola!, chámome Lucius, é nacin en Pontevedra no ano 230. Traballo nunha factoría de Garum na Lanzada, que din os vellos que foi formada por un antecesor castrexo noso que viaxou e aprendeu a técnida de elaboración. Nós non facemos o Garum corrente, se non que facemos unha variación chamada licuamen... a verdade é que é moi parecida o Garum, pero nos temos outra receita, botámoslle lapas dunha rocha preto da facotría. Todos os días teñome que levantar cedo e ir xunto con Marcus e Décimus a rocha e alí cheamos todas os cestos de lapas, cando rematamos os levamos a factoría e procedemos a elaboración do Garum, é moi facil de facer!, so temos que coller unha anfora e por na súa base hinojo, cilantro, apio, ajedre, despois botámoslle as lapas, bisceras de peixe, e mais productos do mar. Despois só temos que esperar uns meses para que esté feito para tomar. A nosa factoría envia o noso producto a Roma e a Segovia.


Pero toda a miña vida non é traballo, tamén teño tempo para ocio. O que mais me gusta é ir ós baños públicos a darme uns baños fríos e quentes e recibir masaxes. As véces os meus amigos e mais eu imos o circo a ver as pelexas entre animais e despois imos a tabernae a cear en tomar un pouco e viño.

Ó día seguinte volverá a mesma rutina... a ver se compranos o Garum dende mais civitas e asi podo facerme rico e construirme unha vila!

Augas romanas

As burgas e a chavasqueira


As burgas na provincia de Ourense é unha especie de fonte que emana auga termal provenciente dun manantial subterráneo igual cas augas de "La chavasqueira" unha especie de lugar no que existen pozas desta agua á orilla del río Miño gratuitamente e xusto ao lado un espacio cercado onde existe un servizo de cafetería e vestiarios con taquillas e no seu interior varias pozas con augas subterráneas con minerais a diferentes temperaturas saunas masaxes... polo prezo de 3.5 euros.
Estas dúas construccións teñen un auga coas mesmas propiedades e en moitas ocasións dise que cura os problemas de pel ou de dor de músculos e ósos e moitas persoas deciden recoller en garrafas o auga das burgas para bebela nas súas casas polas súas propiedades mineraies.
A orixe do nome das Burgas non está moi claro, para algúns autores pode proceder do celta "beru" que quere dicir quente, pero a etimoloxía máis aceptada e a que indica su procedencia del latín "burca" que quiere decir pila, en alusión a los baños utilizados por los romanos como balnearios.

Deixo aquí algunhas de las fotos destos lugares que poden ser visitados tanto no verám como no invierno.

Piscina Romana resaurada en Lugo.

Piscina Romana restaurada en Lugo



















 

A piscina romana atopada a mediados do século pasado no subsolo da praza de Santa María, en pleno centro do centro histórico de Lugo. Onte vin nas noticias este articulo e me pareceu interesante, restauraron a piscina e a cubriron cun cristal para que a xente a poida ver.

Construcción das calzadas romanas

Atopei un bo video que explica a construcción das calzadas romanas moi brevemente. Pero o malo é que non o atopei en galego. Neste clip explícase o proceso de construcción das vías romanas no cal empregan un método que segue os mesmos principios que hoxe ainda que o aparello é máis primitivo (pero non menos eficiente). Leva incorparados dous pesos de chumbo dos que se axuda para medir a distancia sen que varíe o ancho da rúa. Asímesmo pódese ver que os arquitectos que construían as calzadas eran, a parte de profesionais, creativos. E cabe destacar o logro destas construccións dado que tiñan que soportar o paso das tropas romanas por elas, o cal, o facían sen inmutarse.
Queda aquí o proceso. Concretamente é a vía Apia que atravesa case por completo de norte a sur a península itálica.

lunes, 28 de noviembre de 2011

Roma relixiosa

Na maioria das civilizacións un gran organo de poder e de influencia sobre o pobo era e segue sendo a relixión, por iso vou falar da mitoloxía romana que foi herdada da grega, pero ten influencias etruscas e ademais añadidos propios dos romanos e incluso deuses traidos da mitoloxía exipcia e da frixia ( actual Anatolia).
Nas casas era obligatorio rendir culto aos deuses do fogar, rendiaselles culto cun lume perpetuo, o pai de familia era considerado coma un sacerdote, para a vida normal os deuses máis importantes eran os seguintes:
Nundina: do nacemento e desenrrolo do home
Educa e Pontina: do comer
Cunina: dos bebes e das matronas polo seu leite
Ossipago: fortalece os osos
Abeona: enseñaba a andar
Fabulinus: enseñaba a falar
Terduca: protexia ó neno no camiño hacia a escola
Domiduca: protexia ó neno no camiño de volta da escola

Arde Lucus

Vouvos expoñer unha festa celebrada en Lugo con tintes romanos,para recordar o pasado histórico da cidade.
Arde Lucus celebrase a fins de mes de Xuño dende fai 11 anos...tan importante é esta festa que declarouse Fiesta de interés turístico de Galiza e participan ao menos un millón de persoas.Alí podes casarte polo rito celta,facer vida 'romana' coa tú,nica representativa ir ao circo, ao mercado artesanal, presenciar desfiles,etc

 Case na súa totalidade a cidade preparase para este acontecemento cheo de luces,cores e motivos celtas e romanos.






Unha festa envexable por donde a mires,e que. sen dúbida está na miña lista de cousas pendentes :)

domingo, 27 de noviembre de 2011

Calzadas Romanas

Os Romanos construirón estradas. Para facelo facían uns pasos que veredes a continuación:
-O primeiro que facían era a elaboración do trazado da estrada.
Cando xa se había tomado a decesión de construir a estrada, a delimitación da ruta era traballo dos topógrafos, chamados mensores romanos. Os topógrafos utilizaban instrumentos para o replanteo do trazado das vías romanas. Utilizaban un instrumento chamado a Dioptra, que estaba composto por dous limbos graduados, un vertical e outro horizontal. Servía para o replanteo das aliniacións da estrada.As vías romanas se caracterizaban por ser moi rectilíneas nos térreos llanos. Evitan as zonas inundables e as inmediacións dos ríos. Cando había que cruzar un río, a vía pasaba por unha ponte xeralmente de pedra. As vías se ensanchaban nas curvas para permitir que xirasen mellor os carros.

sábado, 26 de noviembre de 2011

Relixión: Crenza ou adoctrinamento?

Sen permiso de Elda "roubeille" unha entrada que me pareceu sobresainte e que pode dar pistas do tipo das aportacións que fan que "Recunchos da memoria" teña sentido. Podedes vela íntegra e coas ligazóns pertinentes no seu blog. Diso se trata... de facerse preguntas sobre o pasado, de relacionar o presente coa historia e de facermos preguntas en lugar de acumular certezas...Aí vai:

Quedeime bastante pensativa despois da anterior clase de Historia e Xeografía de Galicia; o tema do que falamos foi a entrada da relixión cristiá en todo o Imperio Romano e o que isto conlevou...
Eu, antes de estas clases, realmente pensaba que os romanos entraran na península conquistando, loitando, impoñendo o seu idioma e queimando todo ó seu paso (case coma Atila, rey dos Hunos).
Pero a realidade é moi diferente das ideas que eu tiña na miña cabeza: Os romanos, entraron pacíficamente no noso territorio, os castrexos que por entonces aquí habitaban non foron para nada perturbados e non impoñeron o seu idioma; senón que había que aprender este porque era necesario o medio de comunicación para abrirse paso e buscar un lugar no novo mundo que estaba a nacer. Moitos aínda quedaron nos castros, pero outros decidiron coñecelo.
Ademáis, os romanos eran completamente tolerantes: tanto na relixión (aceptaban e respectaban todas), como no dereito (aínda nós temos as bases e estudamos o dereito romano), coma no sexo (considerábano un presente dos deuses). Pero ¿os romanos non perseguían antes ós cristianos; que tiñan que esconderse nas catacumbas para poder facer culto ao seu deus? Entón eu respondo, sí. Os romanos os perseguían xa que como ben dixen antes, eles eran tolerantes con todas as relixións; e pola contra, os cristiáns defendían que só podía existir un deus e unha relixión (a súa). Para demostrar esta tolerancia está o exemplo do templo de deusa exipcia Isis na actual provincia de Lugo.
Tamén fixéronse aperturas destas catacumbas aquí moi cerca noso, na capital de Santiago de Compostela, e non encontraron os restos do Apóstolo Santiago. Como dí neste artigo da Voz de Galicia:
"Lo que no ha aparecido en la necrópolis son pruebas que confirmen que los restos del Apóstol se encontraran allí, aunque como explicaba el deán de la catedral, José María Díaz, tampoco de que no lo hiciesen. "Por lo que todo es conforme a la tradición, aunque no probativo", concluía.
Todo isto ven a conto da historia de Prisciliano, da que seguidamente vos falarei...
Coa chegada do emperador Teodosio: A relixión cristiana convertiuse na relixión oficial do Imperio.
Comezou a intolerancia relixiosa, a persecución ós que non foran cristianos; e a diferente concepción da vida; con un Deus xusticiero e poderoso. Por suposto, é básico coñecer a historia de Prisciliano (para mín era tamén un descoñecido) e valorar o seu papel na historia. Ademáis, él era galego. Prisciliano defendía cousas coma o ascetismo, a seu pensamento era de carácter igualitario e libertario. Os cristianos acusárono de facer maxia en reuniones nocturnas nos bosques con mulleres e gnosticismo. Como eu o entendo nesta páxina explica que o gnosticismo quere dicir que "a materia é mala e a nosa alma é boa". Polo tanto, a alma está atrapada no mundo material. ¿Vos soa tamén a un certo platonismo?. Pero bueno, ó caso; acusárono tamén pola sú concepción sabeliana do misterio da Trinidade.
Pero xunto con él tamén perseguiron a moitos máis que non eran afíns as súas ideas coas dos cristiáns.
Así pois, comezou tamén a concepción de "pecado" e a prohibición de cousas (coma as termas e baños romanos) que ata entón formaban parte da vida cotidiana de calqueira romano.
Este retroceso (dendo o meu punto de vista, claramente) chega ata o Renacemento, cando "renace" (valga a redundancia), a concepción do home coma centro de todas as cousas, o humanismo.
Entón, eu pregunto: ¿Coñecen realmente todos os cristiáns a súa verdadeira historia?¿Pódese defender a violencia en nome de calqueira deus?¿Temos que estar abertos ás ideas de alguén que é en realidade intolerante con outras relixións?
Eu, respecto a todas e cada unha das relixións; pero por suposto non estou de acordo coa intolerancia, coa mentira ou co adoctrinamento. Grazas á evolución do mundo e o acceso de calqueira á historia, á verdade, e á cultura podemos saber todas estas cousas.
Porque a miña liberdade acaba onde comeza a do outro, e ningún deus nin ningunha relixión poderá influír na miña vida ou nos meus pensamentos.
Entón, humildemente, eu pregunto... ¿Quén coñece de verdade a realidade da nosa historia?¿Qué pensades vós?
Aquí deixo o polémico texto...
Publicado por Elda Martínez en 01:58

viernes, 25 de noviembre de 2011

os traballos e os dias dos habitantes os castros

Hoxe subín este clip a Cliphistoria sobre a vida dos castrexos antes da chegada dos romanos.  Posiblemente poida interesarvos..