miércoles, 25 de enero de 2012

As primeiras letras en galego

As primeiras Manifestación literarias escritas  en galego son da Idade Media. As que máis destacan son as Cantigas de Santa María  recopilados baixo o Patrocinio do Rei de Castela Alfonso X O Sabio.Trátase do único exemplo de temática mariana e de narracións versificadas na literatura medieval galaico-portuguesa que seque ata os nosos tempos facendo moita xente diferentes versións delas A lírica galaico-portugesa está constituísa por 1682 textos poéticos que só abarcan dos temas fundamentais:os amorosos e os satíricos.A cantiga máis antiga que se conoce chámase "Ora faz ost´o señor de Navarra" e é de Escarnio. A partir de século XII comeza a época de maior espelendor para Galicia e o galego convértese na lingua por excelencia de lírica da península, e o galego vai alcanzando un rango internacional..

A arqueoloxía é sexy

Iste video vai adicado a Álvaro: para que se percate de que a historia tamén pode ser "mais" interesante do que imaxina

Materiais de Galicia na Idade Media

Pois xa tedes a vosa disposición un conxunto de materiais dispersos sobre a Idade Media Galega. Aquí tedes textos, imaxes, ligazóns a un cento de videos e abondosa información e documentación para que vos sumerxades no devalar desta epoca fascinante e e ainda descoñecida do noso pais. Na idade Media mesturáronse todas as influenzas do pasado: megalitismo, castrexo, romano, priscilianismo, suevos e visigodos... Todo metido na batidora para que agromara prácticamente a Galicia feudal que ainda podemos revivir hoxe cando visitamos aldeas pouco habitadas, escoitamos a música popular galega, andamos polo camiño de Santiago, xantamos o pulpo á feira, escoitamos o falar dos vellos, sentimos o cheiro dun souto de castiñeiros ou carballos, visitamos unha pequena igrexa románica, paseamos polo claustro dun mosteiro, subimos polas escaleiras dun torreón fortificado ou simplemente ... falamos en galego. Todo isto e moito mais é a Idade Media, ainda que vivamos no 2012.  Veña... darlle ao coco que iste tema remata o 15 de febreiro.

martes, 24 de enero de 2012

Músicos do medievo (2º parte)

Efectivamente a música debía ser omnipresente na vida cotiá da Galicia medieval. É un dos aspectos que sen dúbida matizaría o caracter tosco e gris co que se representa habitualmente a Idade Media no cinema, os textos escolares ou os medios de comunicación e coa que non concordo en absoluto. Nos castelos soaba a música (lirica galaico-medieval), tamén soaba en igrexas e mosteiros (cantos relixiosos de todo tipo) e por suposto, sobre todo, as cancións soaban en aldeas e pobos en festas ou romarías con gaitas, flautas, bombos e tambores moi similares á musica popular galega actual. Lamentablemente ista musica popular non foi "escrita" e non chegou ata nos. Mais si sabemos da súa existencia polas condenas da igrexa a ista música popular por "profana" e as veces "pagana".
Aquí vos deixo tamén varios enlaces que complementan a entrada de Tiviti. En primeiro lugar, o que podería ser unha cantiga popular cunha zanfoña do cantautor Amancio Prada: (visita esta web para coñecer a iste singular artista. Recomendo que pinches na cantiga Danza do caravel)




En segundo lugar,  o son peculiar dun estrano instrumento medieval: o Organistrum


E para rematar, a recreación dun drama litúrxico do século XII e que foi a base na que se inspirou o Mestre Mateo para facer o Pórtico da Gloria: o Ordo Prophetarum

Mais..tranquilos porque o asunto da música na Idade Media é practicamente infinito. Quen queira seguir indagando ten tema para mais de 100 entradas diferentes

domingo, 22 de enero de 2012

Músicos do medievo.


Como comprobamos no tema dos romanos algúns dos seus inventos e innovacións seguen nas nosas terras despois de tantos anos, aínda que outras se foran perdendo co tempo.
Isto sucedeu tamén no caso dalgunhas tradicións medievais. Un exemplo é o dos xograres galegos que cantaban cancións, contaban historias ou lendas e tocaban instrumentos musicales, éstes eran parecidos aos trovadores pero os xograres non compoñian o que cantaban e eran máis humildes.

Éstes entretiñan e animaban ás xentes do lugar co seu arte.

Un dos xograres máis famosos de galicia foi Martín Codax , que segundo a historia probablemente fora de Vigo xa que os seus poemas de entre o século XII E O XIX adoitaban a falar deste lugar.

Codax foi tan famoso que no ano 1998 se lle adicou o día das letras galegas.

Ademáis se lle atribúe a composicíon de " El corpus literario " composto por 7 cantigas de amigo.

Algunhas destas volas deixo nuns videos:



jueves, 19 de enero de 2012

Despertando á vida (2º parte)

Os sistemas de control  e dominio no mundo que vivimos son mais sutís e dificiles de detectar "aparentemente" que na Idade Media; pero aí están, diante dos nosos ollos se queremos abrilos. Non gosto moito do cinema de J.L. Garci, mais ista secuencia -filmada hai 30 anos- permite ilustrar  algunhas ideas das que falamos en clase nestes días. Que vos guste o diálogo, que complementa perfectamente a magnífica entrada anterior de Iago Romero

miércoles, 18 de enero de 2012

Despertando á vida

Xa que falabamos hoxe na clase das diferencias sociais na Idade Media respecto coas de hoxe en día deixo aquí unha das secuencias do filme "Waking Life", de Richard Linklater, á que me recordou o asunto.

Penso que a pregunta a facer despois de ver isto é: ¿Pensaches algunha vez nas cousas das que fala este home ou simplemente está tolo?
A quen lle interese unha película que se para a pensar nos soños e na vida nun ton un tanto filosófico, xa sabe: Waking Life (2001)

sábado, 14 de enero de 2012

A illa dos mortos

Todos os días agroman novas sobre descubrimentos da historia de Galicia que pasan desapercibidos nos medios de comunicación. Semella que os galegos estemos poco motivados por albiscar o mundo antergo de lendas e de historias que se agochan tras de cada pedra do país. Fascinámonos coa fantasía do cinema yanki, dos magos británicos ou as lendas nórdicas, pero non nos decatamos que diante dos nosos ollos a realidade está chea de "misterios sen resolver" e de incríbeis historias. Galicia enteira está sen descubrir como nos amosa na magnífica entrada deste sábado en Capítulo Cero, Manolo Gago. Botádelle un ollo a este vídeo estreado no día de hoxe:

jueves, 12 de enero de 2012

Non é un paraíso, pero paréceselle moito!


-Son Siluri e ista é a miña historia:

Cando tan só era unha nena, a miña familia e mais eu emprendimos unha longa viaxe coa demais xente do poboado.

A opinión da tía de Noelia

A opinión de Belén.

Onte pola tarde mentres investigaba os Suevos, pregunteille a miña tía sobre o que opinaba dos Suevos e contestoume así:

Creo que el olvido activo que viene habiendo desde hace tiempo en España con estos temas es una mezcla de sano e insano :sano por lo que tiene de melting pot, y de ignorar diferencias étnico-raciales o viejos traumas y conflictos; insano porque quien se pica, o se ignora a sí mismo, debe ser que aún come ajos. La razón más directa del olvido activo es, aparte de efectos indirectos de fenómenos como la Guerra Civil, la consciencia enterrada de tantos siglos de Inquisición, de limpieza de sangre y de judaizantes o moriscos reprimidos los no expulsados, me refiero. Estas cosas se han ventilado más bien por vía de contactos familiares y costumbres de puertas para adentro: no juntarse mucho con los de tal pueblo, o con los de tal barrio, o con los gitanos, o con los agotes, o con los pasiegos, o con tal y cual, que todos mezclados, pero a veces no tanto.

Noelia

miércoles, 11 de enero de 2012

Invasiones Bárbaras dende hispania.

Suevos e vándalos na Gallaecia



Ideado e producido por Amanda Barros

Curiosidades

Buenas bueno hoy comienzo a escribir en el blog y para empezar contare esta breve pero curiosa noticia y esque en una de las migraciones de los suevos se dirigieron hacia el sur y el oeste asentandose en el area de Alemania moderna donde aún hoy en dia queda costancia de su presencia en una región alemana llamada "Suabia" , del mismo modo queda constancia en Galicia la presencia de estos en dos parroquias de nombre suevos en A Coruña y La Barcala y tambien pequeñas poblaciones con denominación sueva.

domingo, 8 de enero de 2012

Como chegaron os Suevos(animación)





Os Suevos foron un pobo orixinario do Mar Báltico, que chegaron o Imperio Romano cruzando o Rin cando se encontraba xeado, foron recorrendo o mapa ata chegar a Galicia onde se asentaron.

sábado, 7 de enero de 2012

Parrochiale suevorum

A miña aboa e da parroquia de Labrada, Guitiriz. Hoxe en dia, estamos todos acostumados a escoitar o termo “parroquia”, pero sabedes de onde ven?.  O Parrochiale suevorum (Parroquial suevo) e unha descrición de como estaba organizado o Reino suevo de Gallaecia, unha organización basicamente eclesiástica.  Tamén, recibe o nome de Divisio Theodemiri (División de Teodomiro), xa que foi realizada por este rei.
(Nota: Aos meus textos faltaranlle algunhas tils, teño o teclado estropeado e o word, en galego, atopa poucos erros.)

jueves, 5 de enero de 2012

Martiño de Dumio.

San Martiño de Dumio, obispo, teólogo e escritor eclesiástico hispano católico de orixe panónico, chamado o Apóstolo dos suevos naceu en Panonia (actual Hungría) a inicios do século VI.
Panonia era en verdade unha terra moi afastada de Galicia aínda que entre elas existían algunhas similitudes.
Martiño recibirá unha formación moi boa en Palestina e terá contacto coa vida dos eremitas do deserto e de outros relixiosos.

martes, 3 de enero de 2012

Escudo da cidade de Coimbra.


Escudo de armas da cidade de Coimbra na súa configuración do século XV. Segundo unha lenda local atribuída a Bernardo de Brito, o dragón heráldico representaría o emblema do rei suevo Hermerico, mentres que o león sería o do rei Ataces dos alanos. Estes símbolos foron considerados pola comisión da Catedral de Lugo, segundo testemuña un documento presentado o 15 de febreiro de 1669 á Xunta do reino e recompilado en 1927 polo historiador Pablo Pérez Costanti, na súa obra "Notas Vellas Galicianas", editada pola Xunta de Galicia, durante o debate sobre os símbolos do Reino de Galicia:
(...) de aquí tivo principio e orixinouse borrar o Dragón verde e León vermello (armas dos Reis suevos que ao tempo tiñan neste Reyno a súa corte), e trasladar ao dourado campo do escudo das súas armas, a Hostia, non dentro de vaso Sacramental oculta (...)

Primeira etapa (ata 469) da entrada dos Suevos no Imperio Romano e asentamento en Hispania.

O aréa territorial do reino dos suevos, así como o seu centro de gravedade, foron variando co paso do tempo. Nun principio, o grueso da poboación sueva asentouse entre a desembocadura do Duero e a ría de Vigo. Tras a marcha dos visigodos da península no 481, os vándalosenfrentanse a os suevos, derrotándos na batalla de los montes Nervasos, e solo a intervención dos romanos os salva do desastre. Os vándalos abandonan posteriormente a península para instalarse en África, deixando a os suevos como o único pobo bárbaro en Hispania.

lunes, 2 de enero de 2012

Etapa final (558 -585) da entrada dos Suevos no Imperio Romano e asentamento en Hispania.

Máxima extensión do reino Suevo

Entrada dos Suevos no Imperio Romano e asentamento en Hispania.

Os suevos estaban dirixidos polo rei Hermerico, en decembro do 406 e en compañia doutros pobos xermánicos cruzaron o río Rin, que estaba xeado, a altura de Maguncia, penetrando no Imperio romano. Durante dous anos movéronse as suas anchas polas Galias, dedicándose ao saqueo e pillaxe. No 409, xunto cos vándalos e alanos penetraron en Hispania, atravesando o Pirineo Occidental. Estos pobos asolaron o norte da península, ata que no 411 os suevos e vándalos asdingos asentáronse na provincia de Gallaecia, firmando un pacto(foedus) co emperador Honorio e establecendo o seu centro político en Bracara Augusta. Pronto surdiron problemas con vándalos, os cales dirixironse a Bética e posteriormente pasaron a África romana. Debido ao seu escaso número ( apenas uns 30000), os suevos estiveron agrupados.