lunes, 26 de marzo de 2012

comparación histórica

Unha noite que non remataba.
Unha longa noite pechado entre catro paredes e 3 metros cadrados.
Sen comida, sen auga, sen nada.
Coas máns prendidas na espalda e encadeado coma se fose un criminal.
Todo polo ben da miña patria, dicían. Sí, todo polo ben de España.
As horas pasaban, ou non; eu non tiña máis indicador que unha pequena franxa entre dúas pedras pola que entraba un pouco de luz. Por alí podía albiscar se por fin saían os primeiros raios de sol.
Pero... todo isto, ¿para qué? ¿con qué fin?
¿Sabía eu se me soltarían ó comezar o día? ¿Sabía eu qué sería de min, máis que estar pechado coma un can entre esas catro terribles paredes?
Non o sabía, non, pero quedábame polo menos a esperanza.
Despois de días sufrindo todas as inmundicias que vos podedes imaxinar, xa estaba canso de facerlle pensar nada máis á miña cabeza. Por un momento tiña que descansar. Ou, ¿era eso o que pretendían? Para que así non lles dera máis a lata coas miñas ideas "revolucionarias"(segundo eles as chamaban)a contra natura.
¿Era eso o que pretendían para pillarme coa guardia baixa e que nunca máis volvera a ser o de antes?
Non o conseguirían, non.
Foi entonces cando escoitei o ruido dunhas botas que viñan acercándose cada vez máis ó lugar (se así se lle podía chamar) onde me tiñan recluído coma un criminal.
Soaron unhas chaves; pero tardei aínda uns minutos ata poder velo.
Sería novo; non encontraba a chave correcta para abrir.
Pero sucedeu.
Por fin apareceu unha sombra que alcancei a ver pola rendixa.
A cando abriu, vin unha cara diferente.
Diferente, sí. Diferente a todas as que vira en todo o tempo que levaba alí pechado.
Era unha cara nova, que non tiña os rasgos das que xa eu moi ben coñecía.
Era un rapaz, de como moito uns 20 anos, pero no seu rostro apreciábase algunha marca...
A miña vista concentrouse nos seus ollos; xa sabedes, a mirada é casi o único sincero que posúen os seres humanos; se así se lles podía chamar a aqueles cos que levaba convivindo xa un tempo.
A súa mirada era limpa, clara. Non coma as demáis.
Tiña os ollos verdes aceituna, e non podía apartar a vista de min.
Cecais estiven observándoo moito tempo, pero cando me din conta mireille as mans e non as podía parar de mover inconscientemente. Estaba algo inquieto.

Rompín o silencio.
-¿Eres novo aquí? A túa cara non me é coñecida.
-Shh! Veño a axudarte.
-¿A axudarme a mín?
-Se continúas falando nese tono pode ser que ademáis de non axudarte morra pola túa culpa!
- ...
-Rapido, fuxe o máis rápido que podas, eu son novo aquí e non me reprenderán demasiado se digo que me agrediches e logo escapaches!
-Pero, isto ¿por qué?
-Deixa de tanto preguntar, parece que aquí son eu o maior en tanto ó que se refire á cabeza, porque a ti fáltache! Escoitaránnos e morreremos os dous se nos saes dunha maldita vez de aquí !
-Entón só direiche que grazas.

Cando por fin chegei ós montes, despois de todo o que os meus pulmóns resistiron mentres corría como nunca na miña vida; dinme conta de quen era ese rapaz.
Pero primeiro terei que dicir quén son eu para aclarar de todo as cousas. Chámome Felipe Sobrino Taboada, e ante todo son galego.
Por defender os meus ideais, levo media vida sendo perseguido.
Imparto clases na Universidade de Santiago.
Neste, o meu país, parece ser que as cousas seguen a estar tan inestables como de costume.
Aínda despois do gran logro das Cortes de Cádiz en 1812, a ignorancia eo analfabetismo do pobo seguen tan vixentes como na Idade Media.
Senón é para mín incomprensible que poidan esixir que os priven das súas liberdades! Chamándose a sí mesmos "encadeados"...
Eu sigo defendendo que será pola súa ignorancia máis que pola súa convicción. Aínda que se fala mellor por experiencia que por convicción; e por iso é polo que falo eu, que fun xa reprendido por ese arcaico sistema chamado Antigo Réxime que me priva das miñas liberdades.
¿É un insulto cara o monarca esixir unha separación de poderes?
¿É un insulto para él que o pobo teña igualdade tanto de oportunidades como ante a lei? ¿É un insulto que todos teñamos a posibilidade de educarnos para polo menos saber ler e escribir, aínda que non sexamos uns privilexiados; se non somos nin membros do clero nin de familia de linaxe?
España vive un grave retroceso na súa historia.
Un triunfo foi esta corta etapa que durou tres anos, á que lle debemos ó xeneral Riego o ocurrido nas Cabezas de San Juan.
Pero, parece ser que é imposible defender a liberdade neste país.
Xosé Bonaparte iluminaba o noso futuro e o dos nosos fillos coas ideas da Ilustración. Fundamentándose na supremacía da razón.
Se mesmo, segundo o seu irmán Napoleón España era un pobo de bárbaros dominado por un clero fanático.
Xose abríanos a porta ó arte co seu museo Josefino que rematou por ser inviable por diversas razóns, á educación, á modernización de España.
¿Qué fixo o pobo? Chamalo Pepe Botella e botalo.
¿Qué lle chamaban ó monarca absolutista que oprimía ó pobo e o mantiña na máis remota ignorancia desigualdade? O desexado. Sí, o desexado.
Si en realidade España é unha contradicción en sí mesma.

Eu, agora, terei que irme ó exilio.
Supoño que o meu destino será Inglaterra; que promete un futuro mellor que isto.


.............................................................................

Reflexión:
¿Por qué un home que ven do século XVIII, ten que buscar as mesmas opcións (emigración) que buscan hoxe en día a maioría da xuventude preparada no noso país?
Vos que pensades?
Porque a emigración, aínda que non sexa polos mesmos motivos (exilio político) xa que hoxe temos un réxime "democrático" (nalgunhas cousas), segue estando vixente hoxe en día, por motivos de traballo.
Aínda que mesmo na época franquista, e emigración era case igual que antes, por motivos políticos ou somentes pola necesidade de mandar algo á familia que morría de fame nestas terras.
Hoxe en día, a maioría é xente preparada que emigra cun título debaixo do brazo; porque o seu propio país, o que contribuíu á súa formación; non lle pode ofrecer ningún traballo.

De novo dou a miña resposta; INvolucionamos (en moitas cousas, desgraciadamente).



viernes, 23 de marzo de 2012

¡ VIVA A PEPA !

A principios do século XIX, Napoleón ansiaba chegar a facer de toda Europa o seu gran imperio e Gran Bretaña tiña a supremacía en canto a mar.

No ano 1801 Manuel Godoy (o querido da raíña española) firma un tratado con Portugal, o chamado "Tratado de Madrid", esperando que ante esta ameaza disolva as súas relacións con Gran Bretaña.

Ante a negativa de Portugal, comeza a Guerra das Laranxas. Foi un breve conflicto que enfrentou a Portugal contra Francia e España, e, para os curiosos, chámase así debido ó ramo de laranxas que o valido do rei Carlos IV lle mandou á raíña consorte Maria Luisa de Parma.



No 1808, prodúcese.
Todo prodúcese.
A ambición latente do príncipe Fernando (VII) de gobernar impoñéndose a Godoy e ó seu propio pai Carlos IV foi en aumento.
Todas estas tensións internas desembocaron no Motín de Aranxuez; no que o máis destacable de todo é a participación do pobo nun levantamento. A importancia da súa actuación ante o Motín.

Napoleón, que entrara coas súas tropas en territorio español co pretexto de invadir Portugal pola súa alianza con Gran Bretaña; obrigou a Carlos IV e Fernando a abdicar o trono a favor do seu irmán, Pepe Botella, ou Xose I Bonaparte. (Abdicacións de Baiona).

Fernando VII convertiuse no rei "deseado".
Nese momento converxeron contrapostas e diferentes formas de pensar e de entender a vida.
Os chamados a sí mesmos "encadeados" defendían o ideal do Antigo Réxime, o absolutismo.
A soberanía monacal pola gracia de Deus, a concentración de poderes nunha sola persoa e a subxugación do pobo ó monarca.

Os liberais, que eran partidarios da soberanía nacional, da separación dos poderes lexislativo, executivo e xudicial en organismos independentes; os dereitos civís, a igualdade ante a lei, a liberdade de reunión e asociación e a liberdade de culto.

Mentres en España se libraba a Guerra da Independencia, foron formadas as Xuntas en 1810 para as cortes constituíntes. No contexto internacional, España cada vez perdía máis o poder sobre as súas colonias.

Mentres Fernando e Carlos estaban tan tranquilos e luxosamente en Francia, España vivía unha situación que ía desembocar nunha Guerra, unha Guerra comezada polo pobo.

A Guerra contra os franceses arrancou o dous de Maio de 1808, por un levantamento espontáneo popular.
Foi duramente reprimido pero continuou o seu propósito e expandiuno por toda España



Algunhas zonas foron máis difíciles que outras, pero o máis interesante de este anaco de historia son os diferentes puntos de vista que próximamente analizarei:

"ENCADEADOS" ---> ANTIGO RÉXIME
"LIBERAIS" ---> VIVA A PEPA!
"AFRANCESADOS"-->ILUSTRACIÓN

En Galicia, a conquista realizouse en máis ou menos 15 días, pero foi decisiva a intervención das guerrillas galegas que controlaban os accidentes xeográficos do terreo; e así puideron levar para adiante a súa tarefa de desfacerse dos franceses, xa que o verdadero exército; comandado polas familias de linaxe e o poder eclesiástico, agochabas estaban no monte.
A verdadeira batalla produciuse entre ingleses e franceses; pero no territorio galego coa entrada do exército francés en Valdeorras, que será do que vos fale a continuación.

martes, 20 de marzo de 2012

Carta dende Arxentina.

A miña terra, a miña casa onde me criei…botareivos de menos, sempre permanecerán no meu recordo as comidas todos xuntos os domingos.. Esas tardes de praia tirados na area observando as ondas do mar, mentres a nosa mente andaba sobre esas ondas imaxinando un futuro, sen preocupacións, coas persoas que queremos e o mais importante, felices. Agora estou subido a un barco en dirección Arxentina e tamén observo ás ondas, pero imaxinando un futuro con medo,con medo de saber o que me espera nunha terra que non é a miña, con dor de abandonar a que é miña, e con máis dor aínda todas as persoas importantes que deixo atrás e que tanto quero. Pero teño que empezar unha nova vida, e plantale cara ao futuro e ao medo incerto que levo dentro de min, polo ben do futuro da miña familia. Voume deixando a metade do meu corazón na miña terra, en todos eses recordos de cando era pequeño, no gran amor pola miña muller e sobretodo ese amor diferente e máxico que todos os país temos sobre os nosos fillos. Nunca olvidarei ese polvo a feira os martes que íamos a collera ao mar tempraniño e esas empanadas os sábados de atún que cando entraba na cociña olía a ese olor particular e familiar ao mesmo tempo. Botarei de menos ata a choiva, e esas mañás nas que te desperta golpeando a fiestra como se querese dicir que xa esta aquí. Todos os bailes que bailamos e todos osque quedáronme por bailar por culpa da miña vergoña, ao ritmo da pandereita e a gaita como se fose o último que íamos facer. Nunca esquecerei ese olor a herba mollada, e ese cor verde diferente ao do resto, de esos que aínda que mezcles moitos colores nunca che quedará igual que a cor que ves, porque non sirve de nada describir a fermosura da miña terra, para iso fai falta que esteas e a observes, e se te quede esa cara de parvo ao ver eses maxestuosos e xigantes acantilados da costa da norte, tesque ir e ver, escoitar e sentir, pechar os ollos e deixarte levar pola maxia da miña terra, a que eu sempre recordarei con nostalxia e con unha sonrisa de orella a orella por todos os momentos pasados, porque todos os momentos que teño dela son felices. Fillo, se algún dñia les esto, sento moito non poder estar alí véndote crecer e dándote consellos,pero quero que non esquezas que sempre estarei contigo a pesar da distancia, faille caso a mamá que aunque as veces te riñas o fara polo teu ben, e dile que a quero moito… xa estamos chegando ao porto, o mellor será que che deixe, cando teña tempo volvereiche a escribir outra carta, espero que as recibas todas. Recorda unha cousa sempre, sé feliz, vive a vida intensamente,enamórate, sonríe todos os días dez veces mínimo, cómeche o mundo, comparte e se humilde, non olvides de dónde ves.. disfruta en todo momento. Bicos!
Te quere,
teu pai.

breve resumo do ideal ilustrado

No cadro dun cambio na filosofía moderna, do saber escolástico ó saber racional; o racionalismo. Este lle precede á ilustración. As ideas da Ilustración básanse na supremacía da razón, e de ista como base de coñecemento para todas as cousas.

O concepto de vida cambiou mellorando terriblemente, xa que os homes non vivían nun valle de lágrimas como na alta Idade Media, reconfortándose con que noutra vida estarían disfrutando eternamente do paraíso.
Os homes (e mulleres) con ideas ilustradas, tiñan outra nova e renacente concepción da vida.
Agora, ademáis de ter unha vida para traballar e morrer pobre e traballando; unha vida era algo máis.
Unha vida era todo, o que quedaba por aprender. A apertura da mente e a tolerancia. O combate da superstición e da ilóxica tradición.
Os ideal do home ilustrado, adiantado ó seu tempo, pode identificarse coma o fidalgo na idade de Ouro.

As tinieblas e a oscuridade do dominio do coñecemento pola relixión ilumináronse pola razón como base de todo saber.
O necesario coñecemento, afán de cultura e didáctico típico dos ilustrados e do século XVIII "docere delectando". O medio literario capaz de transmitir mellor o ideal ilustrado foi o teatro. Era a mellor forma de conectar directamente co público, a maneira máis eficaz de achegarlle ó pobo as novas ideas que viñan innovadoras de Europa, e á vez facerlles aprender algo.

Estes ilustrados veneraban o saber clásico, grecolatino. Polo tanto, sería fundamental dominar ambas culturas.
Tamén a recuperación das 3 unidades: lugar, acción, tempo.
Unha mesma acción, nun mesmo lugar, nun plazo máximo de 24 horas.
Desaparece a mestura de xéneros para evitar a confusión, para que todo quede máis claro!

Tivo unha gran influencia en aspectos económicos, políticos e sociais da época.
Chegando (como todo) con retraso a España, os principais ilustrados non tiveron moita trascendencia na historia do noso país xa que os principais dirixentes ( e sobre todo a Igrexa) minaron e intentaron esvaecer todos os esforzos para a xerminación das ideas ilustradas en España.
Ademáis, a decadencia profunda coa que se encontraba o país tampouco facilitou a súa difusión.

Aínda que o teatro como antes dixen, era o medio máis adecuado para a difusión das ideas ilustradas, tamén foi característico deste século o ensaio.
No panorama literario do XVIII encontramos tres tendencias que conviven:
O posbarroco, que aínda prevalece dende o século anterior, aínda que con menos forza.
Dentro deste, un subxénero que é o rococó (do que é característico Torres Villarroel). É un barroco menor refinado e elitista. Intentan imitar a grandes como Quevedo ou Góngora pero carecen do seu xenio creador.
O neoclasicismo, que consiste na recuperación dos saberes clásicos grecolatinos e a recuperación das 3 regras. Cun linguaxe culto.
O prerromanticismo, que vai abrindo camiño ó que será a corriente literaria característica do século seguinte; que fai plausible o poder dos sentimentos frente á razón.

Autor ensaísta galego ademais de principal ilustrado español foi Benito Jerónimo Feijoo.
Observamos o seu adianto ó seu tempo, por exemplo, entre tantas cousas, á defensa da igualdade e capacidade da muller frente ó home. Defende unha igualdade. Podemos facer exactamente o mesmo, soamente hai que prepararse para elo!

“En grave empeño me pongo”, “Esos discursos contra las mujeres son de hombres superficiales”, “aquel juicio sería sin duda errado”
“entro en la contienda "“En lo moral las llena de defectos y en lo físico de imperfecciones”.

Un acto filantrópico pioneiro na Historia

Repiquetean as campás.
É hora de espertar.
Doéme a cabeza e encóntrome un pouco mareado.
-Axiña! bérrame Roque. -Hai que estar en pé e preparados para a longa viaxe que nos espera.
-Pero de verdade que tes algunha espeanza?
-Esperanzas dun futuro mellor, de coñecer mundo. Soños de ser un intrépido viaxeiro coñecendo e descubrindo a Terra dun a outro confín!
-Anda que estás tí con moitas ganas...
-Estou, amigo, estou!
-Roque, entón será mellor que nos vaiamos preparando.
-Si, tes razón, pero recorda o que nos di sempre fray Manuel: hai que ter fé! Aínda que esteamos solos neste mundo, non hai que perder a esperanza! Eu non teño nin mamá nin papá; pero teño estupendos amigos aquí coma tí que me axudan a ter unha razón pola que sorrir todos os días, aínda que non poidamos repetir comida as veces que queramos... A verdade é que non nos podemos queixar! Ti sabes como están algúns nenos por alí pola rúa?Abandonados ou sendo ladróns profesionais con 5 anos porque non teñen un anaco de pan que levarse á boca, nin eles; nin os seus irmás pequenos?
-Vale, vale... Non comeces outra vez coa historia da nosa fortuna...
-Nós estamos aquí, na Casa de Expósitos da Coruña. Temos onde durmir, temos o que comer, témonos a nós. Temos lume para quentarnos todos os invernos. Non somos ricos adiñeirados nin fillos dun poderoso fidalgo; pero aínda somos. Non coñezo mais nada de Galicia; soamente o que me contaron. Pero por exemplo os amigos xesuitas de fray Manuel tardan máis de 15 días para chegar aquí dende Madrid e din que somos completamente arcaicos, que non temos verdadeiras cidades, que non temos boas comunicacións nin bos medios de transporte, que a nosa fala non é a correcta...
-En fin... como non apures non imos chegar a tempo!
-Entón... xe podes correr!!!

-------------------------

-Ay! qué pinchazo!
-Xa está...
-Ay!
-Non chores...

-------------------------

-Estamos chegando?
-Que si estamos chegando?
Vos, nenos galegos, fostes os nenos que fixeron posible a primeira expedición sanitaria internacional de toda a historia do mundo!
Gracias a mín, Javier Balmis, e á rápida chegada da vacuna enviada por Jenner despois de finalizar os seus traballos, en tan só dous anos; extendimos a cura a todos os dominios de Ultramar do noso reino!
Esta viruela estaba ocasionando a morte de milleiros de persoas en toda Europa!
-Nos, somos eses nenos galegos.....



"Non podo imaxinar que na Historia se proporcione un exemplo de filantropía máis noble e máis amplio que este."


Jenner





pequena reflexión

1598. Crack!
Sendo rei de España Felipe II, e con el alcanzando un imperio que abarcaba todos os continentes; a caída sufrida polo país dende tal altura foi catastrófica (para os que sempre acaban pagándoo, a oprimida clase media, campesiños e xornaleiros daquela época).
A súa complexa personalidade reflíctese nas súas adquisicións pictóricas. Moi amado polos seus amigos e odiado e tachado de despótico polos seus inimigos.

Benito Jerónimo Feijoo, o Voltaire en versión cura de Galicia, expresa no súa obra "Teatro Crítico Universal":
"Dos extremos, entrambos reprehensibles, noto en nuestros españoles en orden a las cosas nacionales. Unos las engrandecen hasta el cielo; otros las abaten hasta el abismo."
Ata o abismo conduciuse España no seu sobrepatriotismo.




Baixo o seu reinado Sevilla tiña o monopolio de toda a península para o intercambio comercial coas Indias.
Galicia, ademais de quedar relegada a un último plano, tanto como polos seus malos medios de comunicación (mais ben inexistentes) respecto co resto da península, como na privación da propia lingua nai, da súa cultura, da súa identidade e mesmamente no comercio.
Galicia queda olvidada no estudo da "Historia de España".
Galicia, dominada por multitude de pequenos fidalgos de pazo e esparexida en catro mil parroquias, torna a ser o lugar escuro e tenebroso do que ninguén quere formar parte, ou do que ninguén mostra algún interés.
¿Ninguén?
Pois non.
Personalidades galegas propias da nosa Ilustración defenderon, investigaron e loitaron para que Galicia puidera ter un futuro mellor; para a denuncia de esa situación inxusta.
Unha denuncia contra o asoballamento que emprendeuse polos enciclopedistas do século XVIII e posteriormente se reivindicaría no XX coas Irmandades da Fala e co Grupo Nós; que marcaron un fito senlleiro na historia da cultura galega.
Este desprazamento, moito máis acentuado antes que hoxe en día, é evidente que segue vixente.
Perduran así as confrontacións entre unha mesma España.
Castelao:
“Los catalanes, los gallegos y los vascos serían anti-españoles si quisieran imponer su modo de hablar a la gente de Castilla; pero son patriotas cuando aman su lengua y no se avienen a cambiarla por otra. Nosotros comprendemos que a un gallego, a un vasco o a un catalán que no quiera ser español se le llame separatista; pero yo pregunto cómo debe llamársele a un gallego que no quiera ser gallego, a un vasco que no quiera ser vasco, a un catalán que no quiera ser catalán. Estoy seguro de que en Castilla, a estos compatriotas les llaman "buenos españoles", "modelo de patriotas", cuando en realidad son traidores a sí mismos y a la tierra que les dio el ser. ¡Estos sí que son separatistas!”.

E se me apuras, até hoxe en día estamos a estuda-los prexuizos que afectan á lingua galega!
E o peor de todo é que algúns deles... xa veñen dados dende a Idade Media!


A Historia Do Marqués de Sargadelos




Antonio Raimundo Ibáñez


Fillo de familia fidalga, don Antonio Raimundo Ibáñez Gastón de Isaba Llano y Valdés, naceu o 17 de outubro de 1749, no concello asturiano de Oscos, que linda con Galiza. Os 18 anos pasou a vivir en Ribadeo sendo maiordomo de Bernardo Rodríguez de Arango e Mon, deixando a Ibañez unha pequena fortuna, e esta invertiuna en negocios de importación de viños e augardentes que traía dende Andalucía. Casou cunha dama de Ribadeo e comezou a ocupar cargos no Concello de Ribadeo. Existe un retrato de Antonio Raimundo Ibáñez pintado polo seu amigo Goya, e que actualmente encontrase no museo de Baltimore. Carlos IV ofreceulle as secretarías de Marina e de Ultramar; prefire as industrias. Non chega a utilizar os títulos de Conde de Orbaiceta e Marqués de Sargadelos, premios, tanto polos seus lexítimos servicios as industrias de guerra, como algunha extraordinaria aportación o erario público. As Ordenanzadas do 5 de febreiro de 1791 autorizan a Ibáñez a instalar unha fábrica de olas de ferro, chamadas vulgarmente potes, pero Sargadelos fundía e remataba outros productos xa desde comenzos, louza. A Guerra da Independencia e a caída do seu maior apoio Godoy, causoulle problemas a Ibañez porque os campesiños e os propios traballadores da fábrica revolucionaronse contra a fábrica. En 1798 matan a Ibáñez, apuñalano e profanan o seu cadáver, uns franciscanos enterrano en segredo. A sua muller apenas sobrevive, a filla enloquece e queda como sucesor da empresa o seu fillo José Ibáñez Acevedo, un home de carácter nobre e pulcro.
( Feito por Keka e Laura)

Vestimenta do siglo XVIII.



O que máis me chamou a atención do século XVIII foi todo o referente a vestimenta. Xa que cando se produciu o motín de esquilache con Carlos III, intentouse modificar a vestimenta.


Na moda feminina as mulleres seguían a levar largos corsés en forma de cono pero coa chegada das sedas de cores claros e a capa solta o mantua acabou por desapaarecer o aspeto plomizo do pasado.
As faldas ían sobre armaduras parecían flotar e ondear, e os plisados caían polos hombre eliminando a sensación de rixidez, as prendas tiñan numerosos volantes, encaixes, cintas e flores artificiais que completaban o conxunto. A principios do siglo apareceu o "vestido volante" e o "vestido a francesa" que foi o traxe de etiqueta na corte francesa ata a revolución de 1789.


A moda masculina caracterizouse durante este siglo por unha maior estabilidade e sobre todo por unha menor estridencia en comparación coa moda feminina. O "traxe a francesa" utilizaba prendas de seda e lixeiros calzóns, anchas casacas e chalecos floreados, que normalmente era de cores claros. Un suave encaixe sustituía as gorgueras almidonadas e serias do siglo anterior; o conxunto se complementaba cunha camisa branca con chorrera e pañuelo ao cuello.
Se nos poñemos a comparar a roupa que hai agora coa de antes non se parece en nada, a verdad moito cambiaron estes tempos pero eso sí nada quitará de que as modas sigan a repetirse.

domingo, 18 de marzo de 2012

A CONFLICTIVIDADE SOCIAL DURANTE OS SÉCULOS ESCUROS.

Non faltan conflitos dentro do grupo dominante, igual que entre os diferentes sectores dos traballadores. O clero, coa posesión dun 52% da terra laborable erguíase ante a nobreza, que precisaba do seu apoio e das súas terras para afianzarse. Os mosteiros, eran sabedores da raposería dos “medianeiros”, que invocaban justicia e tolerancia para seguirán subaforando. Mais pasados os momentos de crise, as alianzas entre ambos bandos restablecíanse.

Parello desenvolvimiento tivo o antagonismo entre agremiados da pesca e asalariados do arrastre, na segunda metade do século XVIII. En ambos casos os traballadores foron instrumentos cegos de intereses encontrados de señores e patróns.

Os grandes conflitos desta época decorreron entre foreiros e señores, desde o século XVI ao XVIII; entre o grupo dominante do Antigo Réxime e a nova burguesía nacente e industrial do XVIII ou inserida na administración do Despotismo Ilustrado.

En 1673 estalóu unha sublevación no concello de Refoxos contra o mosteiro de Celanova. O prior aumentara con esceso a renda de 66 foros naquel concello. A Real Audiencia castigóu aos sublevados, que seguiron o preito ata 1693, en que o Concello de Castilla deu auto de execución. Negáronse os vasalos. O mosteiro apelóu aos santos, san Bieito, san Rosendo e outros da Orden, rebaixou parte dos atrasos e das rendas e restablecéuse a paz despóis de 20 anos. Este feito fixo tomar conciencia dunha situación perigosa.

Contra o conde de Monterrey, que percibía ademáis dos foros directos claramente señoriás como fumaxes, lutuosas e servicios persoaís, sostiveron os seus vasalos da xurisdición de Xinzo varios preitos moi longos, sempre resoltos a favor do conde.

Tamén co conde de Lemos tiñan preito varios lugares do val de Salas; queixábanse de feitos inxustos e de que o conde ameazaba coa cadea aos non pagadores. Feitos parecidos ocurriron en Rondín e Paradela. O mosteiro de Celanova tamén coñecéu problemas.

Os disturbios culminaron en 1724. Don Jerónimo del Olmo, presentóuse con milicia en novembro dese ano nas vilas de Parada, San Martiño do Río e noutras dos vales de Salas (Ourense).

Fracasada a resistencia armada, os labregos seguiron a loita legal con todas as dilación, trámites e recursos que a práctica admitía; tanto hostilizaron ao duque de Alba, conde de Monterrey, que éste redactóu en 1730 unha memoria según a que desde 1710, non pondera cobrar nada, primeiro polas revoltas, logo polas revoltas cos seus vasalos.

Sería interminable registrar os movimientos revolucionarios dos vasalos contra as esacciós dos señores durante estes tres séculos.

Todas as instancias do país intervinieron na negociación deste conflicto esixindo a solución rexia. Os subforeiros somente lograron permanecer nunca situación límite.

Ao longo do século XVIII o apoio da fracción intermedia aos despoxos conseguíu que os labregos aceptasen a convergencia de intereses contra o grupo dominante. Tal suma de forzas configuróu a máis estensa das sublevacións campesiñas contra os impostos reaís. A unificación dos impostor era unha forma da pentración do poder real. Os intentos afirmáronse coa confección do cadastro de Ensenada a partir da década de 1750. A revolea xuntóu nun feixe todas as arelas do sofrido campesiñado galego.

Detrás da revolea alentaban moitos cregos rurais que estiveran presentes nas sublevacións contra os señores e os mosteiros. A relativa convergencia de intereses dos campesiños foreiros e subforeiros cos fidalgos ruraís e cregos facilitóu a conquista dalgunhas reivindicacións comúns.

Parellos movimientos revolucionarios provocóu a contraposición de intereses entre a clase privilegiada do Antigo Réximen e os novos grupos industriaís e pesqueiros que comenzaron a surxir desde 1750.

Outra reivindicación conflitiva foi a que enfrentou aos gremios e novos armadores cos privilegiados, especialmente co alto clero. Os matriculados negáronse a pagar o desmo en 1790 e 1801, mais foron os novos armadores quen adoptaron unha negativa radical desde 1810.

Esta breve reseña dos antagonismos de clase na Galicia moderna é suficientemente expresiva tanto da opresión ejercida pola clase dominante, como da capacidade de reacción dos dominados. O fracaso da industrialización de principios do XIX levóu os fortes movimientos revolucionarios á busca dunha saída dilatoria nada previsible no século XVIII.

CARACTERÍSTICAS DEMOGRÁFICAS DOS SÉCULOS ESCUROS.

Globalmente, o movimento demográfico de Galicia nestes tres séculos obedecéu a dúas tendencias de aumento e a unha de estancamento. Como resultado a poboación triplicóuse. Velaquí unhas cifras conxeturás do XIII ao XVIII:

ANO

POBOACIÓN

H./KM2

1280

476.820

16

1553

533.400

18

1591

620.000

21

1670

620.000

21

1717

1.210.000

41

1749

1.350.000

46

Entre 1450 e 1480 a poboación comenzóu a aumentar na maior parte de Europa. Este movimiento seguíu, con algunhas interrupcións temporais, ata os primeiros anos do século XVIII. Galicia estivo dentro da tendencia xeral da Europa atlántica.

Ao promediar o século XVI, o auxe atenuóuse. Na década de 1640 renovóuse o crecimiento, que se disparóu a partir de 1670, aínda que non é probable que as poboacións de 1591 e 1670 fosen iguaís. Non houbo perda de poboación en sentido absoluto no XVIII; somente perda de veciños contribuíntes. En 1594 eran perto de 125.718; no século XVII, 118.680. En toda a documentación é unánime o aumento pasivo de mendigos. Os factores desencadeantes do diverso sentido do movimiento demográfico están en relación coa produción e coa mortalidade. A mellora produtiva no XVI debéuse ao comercio esterior costeiro, que dinamizou a agricultura. Impedido este comercio polas guerras imperiaís, o teito produtivo interior mudóuse en estancamento. Co fin das guerras con Portugal veu a coincidir a introdución masiva do millo gordo, que fixo posible o novo disparo poboacional; mais pola metade do XVIII as posibilidades decaíron novamente.

Análises demográficas locaís proban o descenso da mortalidade no XVIII, dunha tasa de 35,5 por mil no XVII a 20,05 por mil a final do XVIII.

De momento, fican en pé graves dificultades para establecernos unha demografía precisa de Galicia nestes séculos pre-estadísticos. As veciñanzas do XVI e do XVIII e os primeiros censos de habitantes son pouco fiables. Os estudios de Eiras sobre a fiabilidade destes documentos para a provincia de Santiago conceden distinto valor a cada un. Eiras xulgóu correcto o 3,6 para a provincia de Santiago; na montaña lucense era, sen dúbida, moi superior. En contrapartida, o grado de ocultación obriga a sumar habitantes. A estadística proposta máis arriba, en base a datos diferentes, creo que pode eludir algo a realidade.

A poboación seguía a ser eminentemente rural; ningunha das cidades, e menos as vilas, pasaba de 20.000 habitantes. No XVI o maior número de habitantes correspondía a Pontevedra, seguida de Santiago, Ourense, Viveiro, A Coruña, Lugo, Betanzos e Redondela. Durante o XVII, as aglomeracións costeiras indefensas perderon poboación; somente medróu A Coruña, e o Ferrol empezóu a significar xa algo como cidade de realengo. A mediados do XVIII as cabezas de provincia tiñan a poboación seguinte:


Nº DE VECIÑOS

Nº DE HABITANTES

Santiago

4.504

13.952

A Coruña

2.051

6.358

Betanzos

908

2.815

Tui

903

2.799

Ourense

773

2.396

Lugo

709

2.198

Mondoñedo

626

1.941

Aspectos importantes da demografía, como a división por sectores de producción ocuparánnos ao tratar da economía. Agora cómpre consignarnos un: a emigración.

Parece imposible un estudio estadístico da emigración galega nestes tres séculos. E indubitable a esistencia dunha movilidade migratoria no XVI e no XVII. Varios miles de galegos repoboaron as Alpujarras cando os mouriscos foron forzados a abandonalas; concretamente cando os espulsóu do Estado Felipe II.

Os rexistros de saída cara a América dannos un número de galegos inapreciable. Mais é ben notoria a esistencia da emigración clandestina. Con todo, maior relevancia tivo a emigración no XVII. Para o século XVIII apreciase unha emigración con dirección a León, Castilla e Andalucía; as cifras son de 30.000 individuos anualmente, a maior parte homes, porque non faltan mulleres e nenos.

A emigración no XVIII cara a Portugal, Castilla e América foi grande. En total arredor de 300.000 individuos ao longo do XVIII. A emigración ultramariña dirixíase principalmente a Sudamérica. A partir de 1776 os gobernos españois tentaron protexer aos emigrantes galegos contra abusos nas levas militares e na navegación. Creóuse na Coruña una comisión encargada da espedición de familias ás terras do Mar de Prata. Conseguintemente, aquel porto convertéuse en centro de partida de numerosos grupos cara ao sur de Argentina, o Uruguay oriental e Brasil. Este último país atraía aos buscadores de ouro.

A emigración foi, tanto como o efecto da miseria dos sectores populares máis desfavorecidos, o indicador do desaxuste das estruturas socioeconómicas que máis chamóu a atención dos ilustrados en procura dunha reforma. Campomanes intentóu algún arranxo con propostas concretas.

viernes, 16 de marzo de 2012

A evolución do estamento eclesiástico durante os Séculos Escuros.

A EVOLUCIÓN DO ESTAMENTO ECLESIASTICO:

Durante os seculos escuros o estamento eclesiástico era o máis poderoso económicamente. Esaminado de perto, advértese nel un progresivo esmorecimento. Dun lado porque, incapaz de administrar directamente os bens propios, tivo que acudir a intermediarios, que se apropiaron da maior parte dos escedentes; doutro lado, porque o clero, lonxe de ser un organismo uniforme, estaba segmentado en grupos cheos de mutuo antagonismo por causa do distinto ingreso de escedente e pola inxerencia, nos mellares postos, de persoal estranxeiro. Preséntasenos, logo como un sector estático nestes tres séculos, en que a poboación xeral se duplicóu.

Contrariamente ao que sucedía no Reino de Castilla, en Galicia o clero secular era moi superior en número aos relixiosos e relixiosas. Mais en poder económico o sector monacal competía co secular, e en influirán no pobo eran os frades os primeiros, en canto que na burguesía só influiron algo os xesuítas.

O único centro de formación teolóxica do clero secular era a Universidade de Santiago. As biografías dos cregos promovidos a cargos superiores proban que gran parte tiñan estudios universitarios fóra do país, especialmente en Salamanca. Os monxes e mendicantes dispuñan de particulares colexios de teoloxía, aos que excepcionalmente asistían seminaristas seculares. A creación de seminarios imposta por Trento pouco significóu en Galicia. En 1572 e en 1594 erixíronse seminarios en Mondoñedo e Lugo; a finais do XVIII, en Ourense. Mais ata o XIX non funcionaron prácticamente os seminarios galegos.

A organización eclesiástica xeral era moi parecida á actual: unha provincia con arcebispo en Santiago, bispos en Tui, Ourense, Lugo e Mondoñedo. A metropolitana xacobea pertenecían tamén Astorga e as antigas dioceses emeritenses, Zamora, Salamanca, Plasencia, Coria, Badaxoz, etc. As dioceses galegas configurábanse con 3470 parroquias cinco catedrás e nove colexiatas. O total do clero e persoal dependente era de arredor de 17330 membros a finais do XVIII, o 1,2% da poboación (a media española era de 1,5%). Dúas terceiras partes correspondían ao clero secular.

A reforma dos relixiosos de finais do XV e primeiros do XVI conlevóu a concentración do monacato, antes moi disperso por todo o país, tanto o masculino como o femenino.

A relación de A. Morales (1572) cifra en 26 os priorados e abadías masculinas e somente un priorado femenino, o de San Paio (Compostela). Labrada ofrece unha distribución do estamento eclesiástico regular en 1797:

Monxes

Casas

Profesos

Novicios

Leigos

Criados

Total

Beneditinos

7

248

5

21

92

366

Cisterciense

(Mendicantes)

15

404

15

9

80

508

Dominicos

12

154

6

23

31

214

Franciscanos

22

802

24

138

64

1028

Agostiños

3

84

-

3

10

97

Mercedarios

2

60

-

3

14

77

De S. Xoan

3

15

-

6

7

28

Os xesuítas espulsados en 1767 por Carlos III eran un centenar. As monxas beneditinas e bernardas só tiñan dúas casas e un total de 53 profesas. O total das relixiosas era de 551.

O clasismo interno do clero galego era forte. En canto que o clero alto se beneficiaba de desmos e rendas, o resto vía cómo fuxían os demos das súas maos. Somente un 50% do desmo ficaba para os cregos das parroquias no mellor dos casos; ás veces somente un cuarto. Estes cregos esforzábanse en estender o escusado; máis esta fórmula subordinábaos aínda máis ás familias acomodadas. O desmo estendíase a todo: cereás, gando menor, hortalizas, liño, castaña, etc. E no mar ao peixe. O cobro do desmo era directo nas parroquias rurais; neutros casos era arrendado por dous anos. Os arrendatarios non sempre eran xente do agro; así, en 1750, os arrendatarios do Hospital Real de Compostela foron o 51% xente rural e o 49% xente urbana. A dureza do desmo deixábase sentir, mais desde a Edade Media. A resistencia a pagalo non está comprobada no interior máis que a partir de 1808.

A política relixiosa da Monarquía Católica en Galicia seguíu, no nomeamento de cargos, o mesmo estilo que seguía nos sectores políticos e militares: preferir normalmente aos estranxeiros e enviar os nativos a prestaren servicio noutras zonas do Estado. Na dirección dos mosteiros aínda se foi máis lonxe ás veces: durante séculos os abades chegaron de afora. A protesta ante esta situación foi recollida pola do Reino en 1599 e renovada en 1764. Os mosteiros galegos, tanto nos bernardos como nos beneditinos eran, proporcionalmente, os máis numerosos de ambas congregacións (14 e 9, respectivamente), e as súas rendas as máis abundosas, tamén, ata o punto de servirán en parte para soster casas e colexios castellanos que non tiñan onde recoller nada. No obstante esta importancia dos seus efectivos, as portas do influxo real na marcha da congregación estaban pechadas. Os cistercienses formaban na provincia de Castilla, os beneditinos na de Valladolid. E outros tiveron que loitar duramente para conseguirán a bula de Clemente XII, aplicada aos beneditinos por Benedito XIV en 1749. Ao dividir as congregacións en catro zonas rexionais os beneditinos, promovíase unha verdadeira igualdade no acceso á dirección da congregación, tanto no eido administrativo, como no ideoloxico e cultural, cousa imposible ata aquel tempo. Así se esplica que a lingua desaparecese tanto dos escritos administrativos como literarios, da burocracia, de boa parte do mercado e aínda da predicación.