viernes, 23 de diciembre de 2011

Pobo Suevo

Xa que isto estaba tan animado fixen esta presentación dos suevos con música propia. Aí queda.

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Aquí tedes un completo e moderno mapa de carreteras do imperio romano.. Por elas viñeron suevos, visigodos, arabes...e ainda se utilizaron na Idade Media... Podes velo nesta ligazón

jueves, 15 de diciembre de 2011

Unha sauna castrexa en perigo

Todos os días publícanse novas sobre a historia e o patrimonio de Galicia. Nesta ocasión trátase do perigo de destrución dunha sauna castrexa nun remoto e inaccesible castro na Fonsagrada (Lugo). En clase falamos sobre ista aínda descoñecida actividade dos nosos devanceiros.
 Aquí tedes un enlace no que podedes ver unha magnífica reportaxe sobre cómo poderían funcionar as saunas dos castros, ademais de fotos espectaculares e iste vídeo sobre a Sauna do Castro de Castañoso.



E xa para rematar un pequeno video que reconstrúe o funcionamento das saunas castrexas

jueves, 8 de diciembre de 2011

Petroglifos, unha linguaxe común dos pobos atlánticos

Nestes días publicouse unha interesante entrevista con Antonio de la Peña, un dos mais documentados expertos sobre dos petrogligos galegos. Nela, faise unha interesante reflexión sobre a identidade e conexións de todo tipo entre os "debuxos" galegos na pedra e os dos pobos do Atlántico: Irlanda, Inglaterra, Bretaña francesa...etc...Podes ver a entrevista aquí : Hai 4000 anos habia unha linguaxe que unía as Illas británicas e Galicia
Neste video podemos confirmar que, anos despois no tempo dos castros,  ise trafego era tamén comercial.

Materiais de Galicia Sueva

Aquí tedes un conxunto de materiais: imaxes, clips e ligazóns diversas sobre a cultura e sociedade da Galicia Sueva.  Poderíades aproveitar nos días que veñen para aportar mais información, historias propias, pescudas, comentarios... etc. O prazo de entrega deste tema remata exactamente o día 9 de xaneiro.