lunes, 31 de octubre de 2011

Ecos dos tempos castrexos

Aquí tes un exemplo de cómo a historia pode manterse viva na memoria dos homes e mulleres dun territorio a través do tempo. 
A través dunha figura feminina, Mariña, mártir e santa que soportou terribles tormentos ante o acoso constante do precepto romano Olibrio, descubriremos unha fascinante lenda de carácter relixioso e animista vinculada a lugares de curación da natureza onde as árbores, as pedras e sobretodo as augas son santas.

Santa Mariña de Augas Santas


viernes, 28 de octubre de 2011

Vivamos como galegos?

Fai unha semana, Gadis estreou un novo spot da súa famosa campaña publicitaria "Vivamos como galegos" para conmemorar o éxito do primeiro spot hai cinco anos.  
Vos cómo o vedes?. Verdadeiramente os galegos temos tanta persoalidade?. Somos tan diferentes os galegos?. Temos sinais de identidade que nos caracterizan como pobo? Qué opinades do spot?..
Agardo os vosos comentarios para un debate con participación masiva.

jueves, 27 de octubre de 2011

Somos mais vellos !

Xa contamos que o chan de Galicia é moi ácedo, polo que non apareceron, polo de agora, restos óseos dos primeiros homes que puideron chegar ao Noroeste da Peninsula Ibérica hai case un millón de anos. Tan só o 0'5 % do territorio galego é calcáreo, por iso nas montañas de Lugo e Ourense agroman de cando en vez restos dos nosos antepasados contemporáneos de Altamira ou Lascaux (non perdas ista incrible ligazón). Recentemente apareceron na Cova de Eirós (Triacastela, Lugo) os restos mais antigos dos que temos novas, e hai especialistas que afirman que nas beiras do rio Miño vivían homes hai mais de 300 000 AC.
Homes do paleolítico ás beiras do rio Miño

No veran do 2011 unha incrible excavación en Arbo (Pontevedra) permitiu abrir unha nova páxina no estudo do Paleolítico de Galicia coa aparición de mais de 5000 útiles de pedra que, segundo os arqueólogos, poden remontar os primeiros "galegos" ata os 500 000 anos AC.  Podes ver aquí cómo se construían estes primeiros artefactos construidos polo ser humano.


Todos estes descubrimentos están reescribindo pouco a pouco a historia do Paleolítico en Galicia. Os habitantes de Galicia somos mais vellos !

"Recunchos da memoria" en clips

Xa está operativo o canle de recursos audiovisuais de "Recunchos da memoria". Orgaizada en listas de distribución. Polo momento tedes a disposición: Paleolítico, Megalitismo, Galicia castrexa e Galicia romana. O canle "Recunchos da memoria" aspira a ser un completísimo arquivo de clips de Historia de Galicia.